Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Hai oito anos: José María Rodríguez Díaz


Non me lembraba, pero aí saltou. O mes de maio tenme deixado varias veces mal sabor de boca, a pesar do seu sol, as súas flores, do medrar dos días. Xente que se marchou para non volver, quizais co aquel de que precisamente ese medrar dos días tira máis do corpo, querendo a súa vitalidade e deixando menos para o seu mantemento, para, sinxelamente, vivir.

Non, non sempre lembro a quen xa se foi para sempre. Sei que pouco a pouco a vida se vai enchendo de lembranzas así, ‘a fondo perdido’, que nos son queridas pero ó tempo parece como se tiraran de nós para atrás. Non sempre se pode lembrar se queremos avanzar no tempo que é noso. Non se pode vivir no pasado. Pero tamén, non debemos vivir sen o pasado. De cando en vez…

Aí saltou. Mañá, día 9, hai oito anos que José María Rodríguez Díaz nos deixou para irse a outro lugar. Unha pequena lembranza aquí, a máis do xa escrito del ou sobre el no blog, na Galipedia…

E algo que debía: o colgar na rede “José María Rodríguez Díaz, in Memoriam”, libro editado pola AVV O Tesón ó ano seguinte do seu pasamento, con dúas obras de José María e varios escritos referidos a el, así como unha relación -incompleta- dos seus escritos. Tentei que se vira aquí de primeiras, pero polo momento non din feito (seguirei tentándoo), polo que queda unha ligazón a un lugar onde si o colguei, e nuns días, estará asemade noutros lugares galegos da rede:

https://es.slideshare.net/slideshow/jose-maria-rodriguez-diaz-in-memoriam-pdf/278871963


3 respostas a “Hai oito anos: José María Rodríguez Díaz”

  1. Que a terra che sexa leve, José Maria. Un sinxelo recordo para un gran pensador e artífice de un gran soño como foi, a Residencia de Maiores de Ribadeo. Unha forte aperta alá onde esteas, amigo

Deixa una resposta a Pancho Campos Dorado Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *