Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

E se fose só para gañar cartos como particular?


Imaxe no D.P. Collida de Wikimedia Commons

Soa a coña o da política internacional destes tempos. Por suposto, política fake, pois ate resulta difícil cualificar o que fai Trump de política. Unha política que os mesmos entendidos admiten que non comprenden moi ben, que non saben se realmente existe ou é un conxunto de decisións ó chou sobre a marcha, ás que todo o máis se lles procura respaldo despois de tomadas.

Pola miña parte, como lego na materia, ocórreseme que ao menos en parte podería ser froito da procura particular de ganancias do presidente dos EUA. Nin sequera dos seus apoios máis próximos, aínda que palien parte das súas perdas financieiro empresariais acompañando ó presidente na súas ganancias particulares. E é que, se cunha decisión brutal para o mundo pode facer baixar a bolsa unha porcentaxe que algúns dirán obscena, e logo ó día seguinte con outra facela subir dun xeito importante, calquera avisado da manobra pode obter tamén ganancias obscenas. É o que ten o sistema capitalista. E, mentres non os pille a lei (cousa cada vez máis difícil, despois da razzia que está a provocar nas axencias estatais do país e a domesticación emprendida entre os tribunais), o froito particular pode ser moi moi elevado.

A costa do país e do mundo enteiro, si, pero, se segundo o presidente todo o mundo -excepto a China- está a lamberlle o cu para calmar o monstro que se considera, que importancia terá iso do ‘resto do mundo’ para el?

Por certo, o cambio de paso decretado por Trump colle a Pedro Sánchez en Asia. Estou en ascuas a ver como se desenvolve a visita.

Para rematar lembro o que dixen ó comezo: sei pouco menos que nada do tema. E ti, sabes algo?


5 respostas a “E se fose só para gañar cartos como particular?”

  1. Segundo a lei, non sepode especular na bolsa con informacion privilexiada. E cando quen move a bolsa mundial se rodea de amiguetes que gañan, obscenamente de un día para outro entre 500 e 2500 millóns de dólares, como se lle pode chamar a esto, mafia dos mercados? Se non pillan a Trump e os amiguetes, e simplemente porque ten atadas a todas as institucións:parlamento, senado, e judicatura

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *