Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

ESCUDO NOVO DE RIBADEO, POR QUE?


ESCUDO NOVO DE RIBADEO, POR QUE?

Pancho Campos Dorado

Este pasado día 28 de marzo de 2025, recibo por correo certificado do Excmo. Concello de Ribadeo, una Notificación do Acordo Plenario, na que o Pleno do Concello en sesión celebrada o día 18 de marzo de 2025 adopta un acordo para aprobar o ESCUDO E BANDEIRA OFICIAIS DE RIBADEO, desestimando as alegacións presentadas por nós, Antonio Gregorio e máis eu, “por motivos expresados no informe da Comisión de Heráldica e ditame da “Comisión de Estudo da bandeira e escudo de Ribadeo, de data 18/02/2025 mantendo o escudo en bandeira de Ribadeo de conformidade co acordo inicialmente adoptado”.

Pois ben. A expresión “por motivos expresados no informe da Comisión de Heráldica”, non hai ningún informe expresado, só hai unha imposición sen ningunha explicación o respecto. Sobre aqueles “debuxos” do tal informe, fixemos alegacións ao cambio que se propuñan das figuras ou mobles do Escudo de Ribadeo, tanto da estrela que pasaría de ser a estrela de cinco puntas, con historia de máis de trescentos anos, a ser unha estrela de oito puntas, polo arte de birlibirloque, pois non se comunicou en ningún momento o por qué deste cambio tan significativo, sen ningún informe ao respecto.

Tamén alegamos en contra do cambio da coroa do timbre do escudo: a Coroa do Condado de Ribadeo, pasará a ser unha Coroa Imperial que nada ten que ver con Ribadeo e que representa simplemente o querer timbrar todos os Escudos Municipais de Galiza da mesma maneira, o que está levando a perder as “sinais de identidade particular” que cada municipio ten, e que tan teimudamente están facendo desaparecer estas “Comisións de Heráldica” con subvencións mantidas pola Xunta de Galiza.

As nosas alegacións foron publicadas en Ribadeando e en La Comarca del Eo (11-xaneiro-2025) artigo no que non aparece o verdadeiro Escudo Condal de Ribadeo, que nós enviamos á redacción e que non se publicou por falta de espazo, e outras alegacións con data do (8-Marzo-2025), que se recortaron tamén por falta de espazo, pensamos.

Os artífices de tales cambios no Escudo, correron a cargo, por un lado de: D. Eduardo José Pardo de Guevara y Valdés, que segundo a descrición de Google é historiador especializado no estudo da nobreza baixomedieval galega e profesor de investigacións do Consello Superior de Investigacións Científicas (nada menos), e por D. Pablo Otero Piñeyro Maseda, licenciado en Historia pola universidade de Santiago de Compostela e director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, ambos enviados pola Xunta de Galiza, e este último señor, xa non se nomea no informe final que se nos envían. Non sei si é porque xa non era importante o seu criterio, ou só veu nun principio a facer vulto e dar “prestancia e excelencia” á “Comisión de Heráldica”?

Pola parte local houbo unha Comisión Municipal de Ribadeo formada por D. Eduardo Gutierrez Fernández, Cronista de Ribadeo e algún concelleiro máis dos que non coñezo o nome.

Cómo é posible que a Comisión local non puxera obxeccións a tales cambios? Pois segundo a miña opinión, persoal e intransferible, porque no teñen nin zorra idea do que significa a Heráldica, pois aínda que lean todas as actas do concello, para controlar datas e acordos diversos, son incapaces de transcribir o que significan os Mobles, nin as Armas dun Escudo. Para iso hai que pasar moitas horas estudando o que din os mellores Heraldos dos séculos XVIII e XIX, época na que un nobre, ou un fidalgo tiñan peso político de por sí, e NON PODÍAN ERRAR, NIN TERXIVERSAR OS SEUS BRASÓNS pois senón eran motivo de mofa e desprestixio por parte dos seus veciños, mesmo podían botalo do Padrón de Nobres da fidalguía local, o que levaba ao procesado a ter que pagar de por vida, todos os impostos dos que antes estaba exento.

En Ribadeo, no ano 1962 nace a “Sociedade de Amigos da Gaita Galega” da que foi presidente e impulsor o alcalde de Ribadeo, Don Francisco Maseda García, entre outra decena de melloras que trouxo para o pobo e que beneficiaron sobre maneira as condicións de vida de Ribadeo: Parador Nacional de Turismo, e que tamén gracias a súa dona Doña Felisa, veu para Ribadeo, pois nun principio ía ir para Castropol, pois tiraba máis o “pelo” de Doña Carmen Polo, que “estacha de barco”, pero as vistas panorámicas a nivel turístico, dunha á outra ribeira da Ría de Ribadeo, nada tiñan que ver, e o Parador por esta sinxela razón, veu para Ribadeo. Tamén aquel mesmo ano de 1958, inaugurouse o Instituto Laboral Carlos Mª Rodríguez de Valcárcel, onde tantos miles de alumnos estudamos, entre eles eu e o 98% da miña familia, e tamén toda a do “Cronista de Ribadeo”. Pancho Maseda, como era coñecido por todos nós, tamén foi o artífice da construción do Estadio Municipal de Fútbol, da Axencia de Extensión Agraria, do Campamento Xuvenil da Devesa, da Cociña Comedor para os necesitados, construción das Casa Baratas de San Miguel e de Francisco Iglesias, Biblioteca Pública na Torre dos Moreno, ademais dos negocios privados da súa familia, Hotel Restaurante Ribanova, Casa Maseda, Taller de Carpintería Maseda, etc.

Pois ben, despois desta entrañable lembranza, que tanto se merece aquel irrepetible alcalde de Ribadeo, que aínda sendo moi de dereitas, era por encima de todo un ribadense de corazón, aquel home, como dicía, no ano da súa saída de alcalde, estaba na inauguración en Santa Cruz, do “Monumento ao Gaiteiro Galego” (La Comarca, 1 de agosto de 1965).

Todo isto o traio a conto, porque naquelas datas tíñase, e até fai catro días, a perfecta conciencia de que o Escudo de Ribadeo, era cunha Estrela de Cinco Puntas, e timbrado coa Coroa Condal, e fixéronse decenas de recordos daquela manifestación de galeguidade con xogos de cerámica con deseños do Escudo de Ribadeo e do Monumento ao Gaiteiro, en xarras e cuncas de viño e xarras de cervexa como as que mostran as fotos, así como, Burelart sacou pratos de cerámica esmaltada en verde esmeralda, co propio Escudo Condal de Ribadeo. Incluso durante anos estivo debuxado nas carrozas dos Reis Magos, até a súa remodelación.

Por qué en vez de encargar tanta Comisión de Estudio e de Heráldica e tanta parafernalia ridícula, non se aprobou e se rexistrou directamente o que o Escudo de Ribadeo de “toda a vida”? Por qué non se rexistrou, eh?

Que alegacións se fixeron para que: “A Comisión Informativa, por unanimidade dos seus membros presentes, acordase ditaminar favorablemente o expediente”, e proclamase este manifesto: “A Alcaldía felicita á Comisión de estudio creada para tal fin así como á Comisión de Heráldica e particularmente ao Sr. Pardo de Guevara polo traballo realizado. Tamén ao Consello de Cultura Galega e ao Instituto Padre Sarmiento”.

Creo que todo ven porque, a política actual tanto da Xunta como a do Concello, o único para o que serve e para malgastar o diñeiro presupostado para incrementar o desenrolo do pobo, e como o desenrolo do pobo non da votos, hai que gastalo en “pirotecnia”. Véxanse as eleccións municipais dos últimos vinte anos. Eduardo Gutierrez, peatonalizou as rúas máis céntricas de Ribadeo, trouxo a piscina municipal, etc. Perdeu as eleccións seguintes. Despois do traballo encomiable de Fernando Suárez Barcia, que entre outras moitas melloras viarias, chegou as beirarrúas de Ribadeo desde a Rúa San Roque até Dompiñor, levaron a perder as eleccións ao BNG.

Agora o que importa son “Comisións” de Estudios de Heráldica, ou do que se tercie, para pagar dietas, comida e “fonda”, cenas, freixoadas e chocolatadas as galla, degustación de pinchos á saída da misa de 12 dos domingos, etc. etc. Iso da votos, moitos votos, “iso e o desenrolo urbanístico” na cabeza deste “Ilustrísimo Alcalde” aínda que eu non sabía que había tanta “xente necesitada” no Concello de Ribadeo para que teña que estar regando cartos en tantas comidas e lamberetadas, un mes si e outro tamén. E a Xunta facendo promoción de mariscos e pescados e “impoñendo” a celulosa Altri, para desgraciar a Ría de Arousa entre outras barbaridades ambientais. E non pasa nada.

Unha vergoña, e no medio deste vórtice de falcatruadas sen nome, aparece a nivel municipal a “necesidade” do cambio do Escudo de Ribadeo. Ë pregunto eu, os que forman parte dunha comisión, son tamén comisionistas?

Da bandeira inventada non digo nada. É unha artistada que nada ten da bandeira histórica marítima de Ribadeo, único sitio onde apareceu sempre, un grimpolón enarbolado nos mastros maiores dos barcos de Ribadeo que surcaron os tres principais océanos do mundo

Os asturianos cambiaron o nome de media Ría de Ribadeo, coa complicidade da Alcaldía do BNG de Ribadeo, e agora cámbiase o Escudo de Ribadeo coa unanimidade do PP e do BNG. Qué será a continuación? Qué nos deparará o futuro con este tipo de ribadenses ignorantes da nosa historia? Pouco hai que esperar. Unha pena.


Unha resposta a “ESCUDO NOVO DE RIBADEO, POR QUE?”

  1. Nos quitarán el escudo al final,esto a ellos no les importa.
    Política pura y dura.
    Una tristeza que no respeten nuestra historia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *