Un dos argumentos para poñer patas arriba a praciña de Pancho Maseda e de paso pasar a serra foi que non podían pasar as ambulancias cara ó centro da terceira idade. Pois se agora, na fin de semana, con máis vagar, te achegas a ver os paneis que alí se instalaron coa correspondente nota de prensa para gabar algún aspecto da boa xestión municipal, comprobarás algo que non é difícil de ver nas fotos subministradas pola mesma alcaldía: non, tal como están os paneis, non pasan as ambulancias por esa parte da praza… Aquí quedan as fotos subministradas na nota de prensa. Por certo, en primeiro plano poden verse alcalde, concelleira e visitantes institucionais, e ó fondo tamén poden aínda verse as árbores do parque. Deixo tamén unha captura de pantalla do SIGPAC de agora mesmo para ver como era a praza. O espazo que teñen agora mesmo para paso é menos que o que tiñan antes, pois agora mesmo só teñen a zona próxima á Aduana, que tamén tiñan antes.



Unha resposta a “Poden entrar agora as ambulancias?”
O mellor empleo hoxe en Ribadeo é o de “foto-video reporteiro” de políticos. Mira que lles gusta o teatro pagado coa pólvora do rei. Dietas, gastos de comida e “fonda”, desplazamentos para actos inútiles e carteis propagandisticos para xustificar ante Europa gastos rinvonvantes, cando mon deixan simplemete de ser estúpidos e veleiros de contido. Noxenta política