Unha semana despois do 8M, tal parece que esteamos a outra cousa. Natural, non? Non podemos estar sempre ó mesmo! Mais parece mentira a facilidade coa que se esquece o que pasou. Máis, nun movemento que aínda que teña un día de ‘celebración’ aspira a ser un substrato que guíe día a día a nosa actuación…
Ben, é hora de deixar aquí algunha cousa da celebración do 8M deste ano en Ribadeo, como lembranza. Aquí están:
Primeiro, un par de fotos dalgúns dos máis de 200 que alí estabamos fronte ó concello (por certo, o tempo non acompañou, e había algo menos xente que nas últimas):


E Dous anacos de son: