Si, o control da poboación é básico nas ditaduras. Iso foi o primeiro que me veu á cabeza ó enterarme da colocación de cámaras de vixilancia en diversos puntos de Ribadeo. Non é a primeira vez que expreso unha idea semellante, pois parece que os gobernantes en xeral, uns máis decididamente e ó besta, outros máis paseniñamente e con máis salvagardas, son tendentes a esa vixilancia, a considerar que por ter máis vixilancia da xente en xeral van ter menos delitos de xente en particular. Máis ben é o contrario: cando se controla á xente sen máis, quen delinque faino de xeito máis fino, librándose do control, mentres que quen só delinque de cento en vento, por exemplo, por non estar ó tanto dunha norma recén saída, segue coa súa vida confiado e é quen sofre as consecuencias. As fotos da instalación, que me chegaron pola rede e non sei por quen foron tomadas:


Hains en máis lugares? Pois non sei se aumentaron noutros lugares as que xa teñen instaladas arredor dos bancos (estas, privadas…), no polígono (de ‘control público’) ou noutros lugares.
Por certo, non instales cámaras na túa casa, está prohibido!