Esta semana recibín a nota que adxunto, cos dous carteis, un para o acto local e outro para unirse nas casas:
Con motivo da celebración do 106 aniversario da I Asemblea
Nacionalista, promovida polas Irmandades da Fala en Lugo, Vía Galega vai
desenvolver por todo o País a exhibición da bandeira galega, do 17 ao
23 de novembro, así como actos de Izamento da bandeira en lugares
públicos.
Invítase, polo tanto, a todas/todos á colocación
da bandeira na súa xanela ou baranda, así como a acudir ao acto de
Izamento na Praza do Souto en San Miguel de Reinante, o próximo sábado
23 ás 12 h.