Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

O galego no cemiterio. Un recorrido polos cemiterios de Ribadeo a través do galego


    Onte sábado tivo lugar a presentación da exposición “Un recorrido polos cemiterios de Ribadeo a través do galego”. Emotivo, sentido, o público enchía a oficina de turismo para ollar esta exposición construída da man da Asociación Cultural Francisco Lanza. Despois da nota de prensa e dúas das fotos distribuídas pola A.C. Francisco Lanza, deixo fotos e vídeos de Mati, que non exclúen, por suposto, a visita á exposición, posible ata o día 3 de novembro.

Nun acto ben emotivo inauguramos hoxe a exposición fotográfica “Un percorrido polos cemiterios de Ribadeo a través do galego: memoria viva, galego vivo”.


Moitas grazas a todas as amigas e amigos da nosa lingua por lle axudar na pescuda necesaria para identificar as familias das persoas lembradas nos nosos cemiterios con epitafios e referencias na nosa lingua.


Moitas grazas ás persoas que se achegaron esta mañá á Sala de Exposicións da Oficina de Turismo para lembrarmos entre todos e todas nós os nosos seres queridos que viven por sempre na nosa memoria… E que mantiveron viva a nosa lingua no seu día a día…


Ás persoas que agora as lembramos debemos ter presente, en momentos tan especiais, que se as tratamos en galego, tamén debemos lembralas en galego. Ogallá as funerarias vaian consolidando o hábito de ofrecer en galego os servizos funerarios.


Está exposición pódese ver desde este sábado 19 de outubro até o domingo 3 de novembro na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo en horario de apertura de ditas instalacións.

 

 

 

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *