Adxunto nota de prensa do grupo municipal do BNG en Ribadeo. Trata sobre a ocultación de información, un fenómeno que dun tempo a esta parte produce acusacioóns contínuas entre partidos a diferentes niveis, se ben o certo é que en Ribadeo levábamos uns cantos anos sen moitas queixas que trascenderan nese sentido. Que quede claro a quen lea que é unha nota de prensa, non unha redacción do blog.
O BNG de
Ribadeo presentou esta mañá de venres un recurso de reposición no Concello
ante a ocultación reiterada de información por parte do goberno
municipal.
-
Que
ten que ocultar o goberno do PP para impedir o acceso a información
sobre o gasto do ano 2024? Está tan descontrolado? -
Desde
o BNG de Ribadeo animamos á veciñanza a solicitar información
sobre este e outros asuntos no Concello. -
Presentamos
este recurso de reposición ante o Concello e, se a situación
persiste, acudiremos á Valedora do Pobo e a xurisdición
contencioso-administrativa.
Na
mañá deste venres, o grupo municipal do BNG de Ribadeo co seu
voceiro, Pablo Vizoso á cabeza, presentou no concello un recurso de
reposición para que se recoñeza o acceso á información solicitada
sobre a conta de gasto do ano 2024 e se recoñeza, tamén, a
vulneración dos dereitos fundamentais que sufriu o concelleiro.
O
voceiro Pablo Vizoso declarou: “Esta semana o goberno municipal
pasou outra liña vermella e volveu denegar o acceso a información
sobre a conta de gasto do ano 2024. É a segunda vez, en pouco máis
de quince días, que o goberno municipal nos denega este acceso. Isto
non fai máis que aumentar o noso temor a atoparnos cun gasto
descontrolado como vimos denunciando nos último tempos. Non ten
sentido que nos deneguen esta información a non ser que teñan algo
que ocultar. Teñen algo que ocultar desde o goberno? Esa é a
pregunta que lle lanzamos ao goberno do PP e a propia sociedade
ribadense, á que animamos desde aquí a que acuda ao consistorio a
pedir tamén información sobre esta conta de gasto e outros
asuntos.”
Para
rematar, Vizoso engadiu: “Por toda esta ocultación de información
de xeito reiterado, hoxe presentamos ante o Concello este recurso de
reposición e anunciamos que acudiremos nos próximos días á
Valedora do Pobo e incluso a xurisdición contencioso-administrativa,
se esta situación persiste, para garantir o libre acceso a
información. Mal camiño tomaron desde o goberno municipal cando
pretenden ocultarnos información de xeito sistemático; algo moi
grave deben tratar de tapar.”