Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Mes: Setembro 2024

  • Verbas na entrega dos Bíteres de Honra

    Verbas na entrega dos Bíteres de Honra

         Conforme quedei na entrada ‘Primeiros bíteres de honra‘, adxunto os textos que se escoitaron na entrega, por parte de Marta Macho, e o esquema (artellado como redacción por min) correspondente ás verbas de Manuel Rivero para o peche do acto: —      Verbas de Marta Macho-Stadler: Moitas grazas, dende o fondo do meu corazón.…

  • Maragatos en Ribadeo

    Maragatos en Ribadeo

        Republico ‘Maragatos en Ribadeo‘ despois da variación da páxina orixinal de EGERIA. Maragatos en Ribadeo? Maragato, pato, unha zoca i un zapato. Maragato, pato, fillo dunha cincha, cando o galo canta, o maragato rincha. (Ditos recollidos de ‘Falan os de Ribadeo’)     Si, maragatos en Ribadeo. Din as indicacións de sistemas modernos que Ribadeo…

  • Primeiros bíteres de honra

    Primeiros bíteres de honra

        O venres 27 no Canteiro tivo lugar a entrega da primeira edición dos bíteres de honra, instituídos na estela do recoñecemento de Aurora Sampedro na que tanto leva traballado Manuel Rivero. Un acto ó que asistiron unhas cen persoas, enchendo o local e quedando xente fóra, conducido por María Cuadrado e no que, participando…

  • EMOJIS MUTANTES. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    EMOJIS MUTANTES. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    Composición a partir dunha captura de pantalla de www.emojitranslate.com   EMOJIS MUTANTES Xosé Carlos Rodríguez Rañón     O día 17 de xullo celébrase o día mundial do emoji, agora que hai días mundiais para todo. A súa orixe é xaponesa e nela “e” significa debuxo e “moji” signo, carácter ou personalidade. O termo emoji foi…

  • Quousque tandem abutere, Netanyahu, patientia nostra?

    Quousque tandem abutere, Netanyahu, patientia nostra?

        Hai longa diferencia de moito tipo entre os tempos de Cicerón e os actuais, mais coido que a expresión do título aplicada a Catilina foi dita do mesmo xeito, con intención semellante, do que hoxe poderíamos dicir ‘Chega xa, Netanyahu!’. Pero parece que media humanidade non é hoxe abondo para substituír a Cicerón neste…

  • Recuncho da lectura: O xogo de Escher

    Recuncho da lectura: O xogo de Escher

      Recuncho da lectura: O xogo de Escher      O xogo de Escher. Manuel Esteban. ISBN 9788411105392. Ed. Xerais de Galicia. Xerais Narrativa. Vigo 2024. 97 px.     Entre as figuras imposibles de Escher e as matrioscas rusas, a novela tenta descubrir o mundo e as personaxes dende un fóra de si no…

  • Na procura de equilibrio

        IA, intelixencia artificial: un desafío xa hoxe para o que consideramos ‘intelixencia natural’, ‘a nosa’; para nós que consideramos que somos os donos desa intelixencia natural (aínda que tantas veces sexa suposta ou mitificada).     En pouco tempo vimos como a chamada IA pasaba dunha posibilidade de ciencia ficción a superar en diversos quefaceres…

  • Recuncho da lectura: La classe de neige

    Recuncho da lectura: La classe de neige

      Recuncho da lectura: La classe de neige      La Classe de neige. Emmanuel Carrère. ISBN 9782070394727. Ed. Gallimard. Col. Folio. Barcelona 2004. 148 px. (fr.)     Ó comezo parece mesmo un libro para pequenos. Ó final queda claro que é un libro sobre pícaros, pero non para eles. Os feitos que contempla…

  • Guerra e paz

    Guerra e paz

        Un domingo máis, unha xuntanza máis pola paz. Mentres comeza unha nova ofensiva na Ucraína, mentres seguen a masacrar xente en Palestina, mentresmultitude de guerras, do Sahara a Sudán seguen sendo a orixe de penalidades e morte, xuntámonos un domingo máis no cantón de Ribadeo, ás 12:30 para poñer un gran de area…

  • No mundo das canouras

    No mundo das canouras

         Outros tempos existiron. As canouras pertencen a eles. Mais este fin de semana teñen unha lembranza e podes meterte no seu mundo… e con elas, no mar.