Como outros anos, despois da xira, se paso por Santa Cruz, fago fotos como testemuña do pasado. As que remato de tomar hoxe quedan en baixo, dando testemuña hoxe, martes, do recollemento e abondo bo estado de limpeza, do peche da porta da casa da ría, das flores na virxe, da non consolidación polo momento do chan unha vez arrincada matogueira, de algunha máquina por recoller… e dos montóns de lixo acumulados no contedor, facendo compaña ás autocaravanas que xa durmiron onte alí.