Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A idade de ouro do comercio ribadense


    Onte, na Casa do Mar e dentro das Xornadas de Historia Local, puiden asistir a unha charla que me descubriu moitos aspectos do pasado ribadense na que soe chamrse  súa idade de outro comercial. Xoán Carmona Badía (aquí, na Galipedia) deu unha lección maxistral sobre tal período, resumida en tres cuartos de hora. Mágoa que só me quedaran rexistrados aproximadamente a metade deses minutos nun audio que deixo en baixo, xunto con algunhas fotos da presentación que usou. Aínda que gardo lembranza de moitas das cousas que dixo e das que logo se comentaron no coloquio, prefiro non facer comentario por escrito na seguridade de que deixaría cousas importantes sen poñer e o resume quedaría coxo, non facendo honra á exposición. Só destacar dúas cousas a modo de curiosidade, non de importancia: a ligazón https://www.soundtoll.nl/ , onde se pode procurar por Rivadeo os barcos que de Riga atravesaron o estreito do Sund, controlado polo rei de Dinamarca e polo que había que pagar peaxe ó atravesalo, cargados cara a Ribadeo (e viceversa), e as testemuñas documentais onde aparecen xentes da contorna de Ribadeo declarando os seus bens e a súa fabricación de liño que complementaba as colleitas para subsistir (en ambos casos, hai fotos en baixo das diapositivas correspondentes). Como colofón, cando o algodón puido mecanizarsee competir favorablemente co liño, comezou a emigración en masa a América…


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *