Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

As eleccións ao Parlamento Europeo, por aquí e por aló


    Unha comparativa que raramente se ve en relación ás eleccións, neste caso, as eleccións europeas 2024, é a que relaciona as votacións na nosa vila cos resultados a nivel provincial, galego e estatal, incluíndo a ese nivel non só os votos, senón tamén os escanos correspondentes. Velaeiquí a táboa e a gráfica correspondente, tendo en conta śo os partidos que obtiveron escanos (facelo de todas as 34 agrupacións pode ser un caos para interprtalo), expresados os datos en porcentaxes, excepto no caso de parlamentarios, que é expresado en número de parlamentarios ou parlamentarias na táboa, e en porcentaxe na gráfica:

 

    A ollo nu vense algunhas curiosidades. Entre elas,a menor incidencia de votos ao PP a nivel estatal que a nivel local, sobre todo en Vilalba, provincial ou galego. Polo contrario, os votos residuais son maior porcentaxe a nivel estatal (outros). En consecuencia disto último, a porcentaxe de parlamentarios dos partidos que sacaron escano, naturalmente, son superiores ás porcentaxes de voto obtidos. Por certo, os votos están contabilizados sobre o total de votos, non sobre o total de electores, que nestas eleccións, arredondando, foi nunha relación de 1 a 2.

    Por un efecto óptico de acumulación, parece que o PSOE obtivo relativamente máis escanos que os outros partidos en relación ós votos obtidos, pero se se mide ben, verase que na práctica só é un efecto óptico, debido á acumulación do tramo de liña do PSOE despois do tramo de liña do PP, xunto a un pequeno efecto de arredondeo de votos a número de escanos, que tamén favoréceo lixeiramente.

    Por outra banda, a maior porcentaxe de votos de BNG/Agora Repúblicas en Galicia ven dado porque esta coalición presentaba o conxunto de formacións de tres territorios, tendo moi escasos votos fóra deles. É esta formación a que podemos ver que a nivel local, provincial ou galego quedou en terceira posición, moi por diante da que obtivo ese posto a nivel estatal.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *