Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

As eleccións ó Parlamento Europeo 2024 por Vilalba


    Rematan de pasar as eleccións ó Parlamento Europeo. O que segue é un resume de resultados en Vilalba, tomado a parte de consideracións a nivel estatal, galego ou mesmo provincial.

    A primeira imaxe corresponde ós votos obtidos polos partidos que desta volta obtiveron algún, e a súa comparación cos resultados de 2019. Nos casos nos que aparece un nome entre paréntese, é o que usaba o partido ou coaligamento no 2019:

    De xeito complementario, a táboa de votos (e porcentaxe de voto) a partidos e abstención, dentro dos votos a partidos, os válidos, identificando os votos a candidaturas e en branco, e por último, o número de electores nas dúas edicións. Chama a atención que o número de electores baixou en 500, o que pode distortar a comparación de votos e/ou porcentaxes. E así, facendo contas, o partido que máis votos sacou no 2019 tivo un porcentaxe de votantes de só un 24 %, mentres que desta volta, o mesmo partido, con só un puñado de votos máis fíxose co 26 % dos electores. Por outra parte, o segundo partido desta volta, que perdeu case o 62 % de votos, pasou dun 25 % do electorado a un 10 %, é dicir, unha caída relativamente menor en porcentaxe que en votos:

    Na primeira gráfica chama a atención o xa comentado, pero a nivel xeral: a porcentaxe de abstención foi moito maior nestas eleccións 2024 que nas de 2019, pois de menos de 1/3 pasou a máis da metade (ángulo en vermello moito maior).

    A segunda gráfica corresponde exactamente á primeira das táboas, e é un pouco liosa ó poñer moitos partidos e coaligamentos (todos os que obtiveron ao menos un voto). Aínda así, vese nos primeiros postos o lixeiro aumento do PP e a caída a menos da metade de número de votos de PSOE, aumentando asemade BNG e Vox. De calquera xeito, para ver máis claro os resultados principais, paso á última das gráficas por hoxe.

    Esta gráfica colle só os datos dos catro partidos maís votados nestas eleccións en Vilalba, amosando de xeito máis claro o xa comentado arriba, ó que se lle pode sumar que entre os carto partidos, nas eleccións pasadas, acumulan o 98 % dos votos a partidos, pero non chegan ó 45 % dos electores.

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *