Hoxe sería un dos días do Ribadeo ilustrado. Pola previsión de mal tempo que deslustraría os actos, suprimíronse os correspondentes a hoxe. A ilustración que deixo enriba non suple esa falta, pero detalla unha curiosidade que hoxe e esta tempada pode verse nun produto ribadense: os ‘Rasca e gaña’ de ACISA. Trátase que que as tarxetas son para rascar e ver o premio. Pero a contraluz é observable sen rascar, o que pode dar lugar a situacións diversas. Por certo, que nun mesmo establecemento, tres vales (dous deles aínda por rascar), os tres teñen a mesma lenda. Curiosidades ociosas.