Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

O 2 de xuño, pola paz


    Seguen os mortos, seguen as concentracións neste desenvolvemento desigual a nivel mundial.

    Un domingo máis de concentración pola paz en Ribadeo    

    Deixo aquí a máis, a nota de prensa enviada ós medios o pasado fin de semana, na súa versión en galego:

Ribadeo, 20240523

Nota de prensa

A PLATAFORMA POLA PAZ DA
MARIÑA LUCENSE
E OCCIDENTE ASTURIANO ten remitido
unha carta a todos os centros educativos de dita comarca, facendo un
chamamento para que se fomente neles a reflexión entre o profesorado
e o alumnado “sobre as graves violacións dos Dereitos Humanos que
ocasionan as guerras que estamos sufrindo a nivel mundial e
especialmente a día de hoxe o xenocidio que sufre o pobo de Gaza,
sen precedentes dende a Segunda Guerra Mundial”.

Tamén ofreceu a súa
colaboración para levar adiante os actos que se pretenda realizar,
na forma que cada centro considere conveniente.

    A carta, enviada a 31 centros educativos, dicía:

Ribadeo, 19 de Maio 2024

A PLATAFORMA POLA PAZ DA
MARIÑA LUCENSE
E OCCIDENTE ASTURIANO ten acordado
na súa asemblea do día de hoxe facer un chamamento para que nos
centros educativos das nosas respectivas comarcas se promova a
reflexión entre o profesorado e o alumnado sobre as graves
violacións dos Dereitos Humanos que ocasionan as guerras que estamos
sufrindo a nivel mundial e especialmente a día de hoxe o xenocidio
que sufre o pobo de Gaza, sen precedentes dende a Segunda Guerra
Mundial.

Para levar adiante esta
actividade ofrecemos a nosa colaboración, na forma que cada centro
considere conveniente.

Os nosos mellores saúdos,
esperando a súa resposta e que esta proposta teña unha favorable
acollida.

    Por certo, este luns 3 tamén toca a concentración bisemanal en Foz, ás 20:00 horas diante do concello.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *