Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Manobra e varado de buque na ría de Ribadeo


    Deixo en baixo o vídeo dunha manobra na ría previa ó atraque no peirao de Mirasol dun buque que chega baleiro a cargar (o Antje K). E fotos de un par de días despois (onte xoves) de outro, o Albiz, 100 m de eslora, 16 de manga e 3500 Tm de carga, que quedou varado ó facer a mesma manobra vindo para descargar de madeira.

    En canto ó varamento, as fotos están tomadas dende un par de lugares de Castropol. Hai unha pequena variación de marea entre as fotos, abondo alta en todas, e diferentes perspectivas mentres os remolcadores tentan sacalo do tesón. Tamén, en algunhas pódese aprezar o remover da area, variando a cor da agua, e a corrente polo mesmo efecto.

    Sobre o Albiz: propiedade da Naviera Murueta. Construido en 2008
en Guernica. Viña de Huelva cargado con madeira para Ence Navia. Quedou encallado xa preto da pleamar. Para soltalo, cousa que ainda non se produciu, polo que pode verse na ria, haberá que descargar parte da carga do mercante de ata 3999 Tm.

    Outro varamento: o Beza (2007). O anterior varamento tivo lugar o ano pasado, 2023.

    Sobre o Antje K:


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *