Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Mira ti por onde… o día do home


Captura de pantalla da páxina web https://internationalmensday.com/30-great-men-women-quotes/

Mira ti por onde… o día do home

    Sabido é a facilidade de distorsión, mentira e atracción sobre determinados temas, desenfocando e esquecendo outros, que teñen algúns políticos, entre outras persoas. É evidente que non hai tempo como para ir refutando todas as barrabasadas (‘cualificativo xenérico’) que algunha persoa vai dicindo, para canto máis se se trata de todo un colectivo. Tamén para evitar a ‘polarización efectiva/afectiva ó tender a testar máis ‘ó contrario’ (ver https://www.eldiario.es/cultura/experimento-cueva-ladrones-enfada-politica_129_10910557.html). Por iso, e a pesar de todo, a grande maioría das veces hai que pasar (xa non digo ‘o mellor é’, senón ‘hai’, a secas).

    De calquera xeito, ás veces, e mesmo sen pretendelo, chégase á refutación ou á ridiculización desas mentiras ou ironías autoafirmadas. Iso me pasou hoxe mesmo a conta de algo dito por unha grande troleira (porque leva dito moitas trolas, está documentado) da capital do reino. E é que con motivo da celebración do día da muller, preguntou algo así como ‘E para cando a celebración do día do home?’. Pois ben, ese día lévase celebrando anos (dende o 1992, como pode verse na súa páxina web) o 19 de novembro, se ben nun sentido que non lle daba a presidenta. Pódese ver tamén na Wikipedia (polo momento, en castelán ou en inglés, pero non aínda en galego) que apunta a corrixir a masculinidade tóxica, facer fincapé na diversidade fronte a roles de xénero ríxidos, promover modelos masculinos positivos (por exemplo, homes de vidas ‘normais’ fronte a estrelas de cine ou deportistas célebres) ou a mellorar a relacións interpersoais de xénero e promover precisamente a igualdade de xénero. Iso non quita con que os intentos de facer del dun ‘anti día da muller’ vexan a súa recompensa na discusión da súa necesidade, xa que ‘hai anualmente un día da muller e o resto son “dos homes”‘.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *