Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2024. IV.- Preferencias e censo de Ribadeo


    Despois dunhas eleccións, os intereses diversos fan que algún tipo de gráficas teña máis difusión ca outros. Así, por exemplo, é bastante común  presentar as porcentaxes obtidas por cada partido en relación ó conxunto de votos a partidos, en troques de facelo en relación ó conxunto de electores, que dá porcentaxes menores. No caso de Ribadeo, e a pesar da alta participación destes comicios, o voto conxunto a partidos non chega ós 2/3 do total, o que permite, por exemplo, que a porcentaxe de votos do PP (en relación ó conxunto de votos a partidos) sobrepase o 50 %, mentres que en relación ó número de electores quédase reducido ó 35 %. Queda aquí o reparto da ‘tarta’ electoral en Ribadeo nestas elecións ao Parlamento de Galicia 2024, incluíndo abstencións e votos en branco e nulos:


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *