Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Nota de prensa. BNG e pistas multideporte


    Adxunto nota de prensa recibida esta mañá:

Nota de prensa

O BNG de Ribadeo pregunta cando se van solucionar os problemas das pistas multideporte.

 

    O
concelleiro do BNG Martín Graña di que o goberno do PP mostra deixadez
xa que esta cuestión, como é a falta de luz ao caer a noite ou o acendido a altas horas da
madrugada, xa se levou a pleno hai 4 meses e o goberno municipal foi
incapaz de solucionar os problemas que daquela xa se sinalaron. 

    “Preguntámonos como é posible que unhas pistas deportivas que son
utilizadas masivamente pola xuventude estean durante tantos
meses neste estado recortando así o tempo útil de uso. É intención do
goberno municipal expulsar á xente moza dela? Como pensan fomentar a
práctica deportiva e os hábitos saudables?.” Graña pregunta tamén a onde
foron parar as canastras que se retiraron das
pistas e cando pensan volver a colocalas: “Varias persoas trasládannos
tamén a preocupación pola desaparición das canastras e pídennos que
pidamos información sobre se teñen pensado volver colocalas nalgún
momento.” 

As pistas, en construcción (Google Maps)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *