Autocaricatura do Viejo Pancho (D.P.) |
El Viejo Pancho non sei que pensaría. Despois de estaren as súas obras no D.P. (Dominio Público), no Uruguai e en España, o orixinal dunha obra –Pensando en ti, Lola– é deixada en depósito na biblioteca que leva o seu nome en Ribadeo. En decembro de 2023, retírase. No seu momento, unha vitrina de metacrilato sobre un podio-atril de madeira protexía o orixinal, cunha inscición en metal onde explicaba que era aquelo e como era que estaba alí.
Hoxe o que hai no seu lugar é un papel resultado de imprimir un escaneo do orixinal (o texto pódelo atopar en ‘Poema cedido‘). Entendo que de xeito provisional, pois a retirada é moi recente. O resto non cambiou. como cara e cruz a como apareceu, marchou. Cando apareceu (refírome, na biblioteca) foi noticia, pero difícil de atopar para ler. Agora, pódese ler transcrito ou en directo da imaxe. Mais a noticia está desaparecida. O orixinal, imaxino que a bo recaudo.
O dito, El Viejo Pancho non pode falar, non sabemos que pensaría. Pero si, a través dos seus escritos, seguirá a dicir eternamente que está a pensar en ti, Lola.