Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Navidade, desigualdade


    O Nadal parece un tempo de paradoxos. Na realidade, coido que non é nese sentido máis especial ca outras épocas do ano. Mais as contradicións teñen quizáis máis posibilidades de evidenciarse. Por exemplo, coa iluminación. E non me estou referindo os brilantes absurdos de competición como Vigo e outras vilas que queren ser tamén famosas polo mesmo concepto (e atraer visitas a toda costa coa esperanza de fomentar o comercio, sen pararse noutras consideracións ou prexuízos). Non. En calquera vila poden verse desigualdades. Desigualdades ás que moitas veces estamos afeitos, de tan ‘tradicionais’ que son. Unha secuencia moi pequena de fotos, (mesmo algunha, movida) dende o centro da vila a partes máis afastadas pode servir para amosalo (máis ben, para lembrar algo que xa se sabe):

Parque / Pza. España

 

Avda. Galicia
R/ Vilalba
R/ Luz Pozo Garza
R/ Pintor Fierros

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *