Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Do Chío de decembro


    Remata de chegar a min o último Chío polo momento, o número da revista dixital do mes de decembro. Dela sorprendéronme varias cousas, pero o seu tamaño, asequible ata o último recuncho en pouco tempo, fai que mellor que comentalas, facilite o acceso.

    Como en números anteriores de Chío, teño unha pequena participación. Déixoa aquí tal como foi enviada, sen a maquetación que en Chío a fai diferente:

Chiar cara ó inverno

    Nestes momentos, o vento golpea fóra da casa. Métese a noite cara ó
inverno con moito vento e algo menos de chuvia. O aire ven, e miro
fóra e leo por onde o fai mirando os signos das herbas fronte a min.

Mentres, o mundo segue. A ría, cada vez máis estreita, prepárase
para un novo apertuxarse da auga entre terra e rocha desprazada aquí
e aló por intereses diversos. É curioso. A auga era a que días
atrás, coa marea chea, facía que a Veiga se inundara outra vez.
Algo cada ano é máis frecuente cun mar que leva subido dez
centímetros no que vai de século.

E seguimos. Á vista xa están algúns deses desexos de ano novo que
tanto custa manter, que non soen chegar nin a fin de mes, como un dos
moitos soldos escasos que escorren entre moitas mans neste país. Non
son os únicos en discontinuarse: como na canción que nos avanza que
unha perna tapa a outra, unha guerra tapa a outra a pesares das boas
intencións que se manifestan de xeito grandilocuente. O mesmo ca
eses acordos que resultan ser máis bonitas verbas ca outra cousa
prometendo facer o que sexa para parar o desastre climático mentres
se seguen a subvencionar as actividades que levan ó desastre.

Pero imos achegándonos ó Nadal. Estarán acendidas as luces en
Vigo, esas que iluminan o universo eclipsando a vista das estrelas,
ou do este mes máis luminoso Xúpiter. Eclipsaranas ós comúns
mortais que non poden –podemos-
irnos a un lugar deserto, afastado d
o
mundanal ruído
. Está a
chegar o tempo do sorriso fácil,
da
boa vontade enlatada, da superación provisional das preocupacións,
da permisividade en aras do anterior e do futuro que se está a
fastidiar precisamente por esa mesma permisividade. Un paseo á beira
da ría para esquecer que se está a converter nun río. Unha compra
para esquecer o estrago que esas compras producen. Unha volta
en coche, onde sexa, para esquecer preocupacións como o
envelenamento da atmosfera co mesmo fume que estamos a xerar.
Ou
unha camiñata polo monte rematado de se queimar?

Si, é doado. O
que? Non importa, iremos polo doado: é doado!
Mesmo
as verbas aguantan con todo. E cada vez hai máis. Non só as
producidas por unha chamada intelixencia artificial que promete
cousas que non é consciente de poder cumprir (é que acaso a IA
actual é consciente?).
Mais
tamén con palabras
, con
outro carácter moito máis colaborativo, humano e máis noso,
con
esforzo
de aquí, a
Galipedia
acadou
o mes pasado
200
000 artigos.
Ribadeo,
Futuro ou Cambio climático están entre eles.
Un
pequeno lume de esperanza de cara a un
porvir
polo que hai que loitar.

Repaso o escrito mentres amence. Chove no escuro, pero a luz loita
por facerse día.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *