1 de setembro de 2023. Coeficiente de marea: 111. Coincide antes da pleamar das sete da tarde unha pequena (podía ser abondo peor) tromba de auga na Veiga. E unha presión que se mantivo boa parte do día, incluído a marea baixa, por baixo dos 1009 hPa. Resultado: inundación.
Non é novidade que chegue a auga ás rúas da Veiga. Non é novidade que o cambio climático, co aumento de temperatura, a máis de derreter glaciares que van parar ó mar aumentando o nivel mariño, tamén dilata a auga co aumento da temperatura media, o que sube o nivel, segundo estudos, a razón duns 3 mm por ano (e acelerando). Así, de non tomar medidas, as inundacións por mareas vivas vólvense máis frecuentes e agresivas.
Unhas fotos que chegaron a min a través de Suso Fernández, Pancho Campos e Mati González. Primeiro, en Ribadeo, o peirao de Mirasol sitiado pola auga, que chega a sobrepasar a beira nalgúns lugares:
E, o segundo, as inundacións da Veiga. Non moi grandes, pero un aviso máis de algo que pode suceder sen ir máis lonxe, o día 30, coa próxima marea viva cun coeficiente de 113, a falta de saber presión, chuvia e intensidade e dirección do vento para esas datas:
Así que, na espera de que o 30 de setembro haxa un coeficiente de 113…