Aínda non se coñecen os resultados definitivos das eleccións xerais de xullo de 2023, mais xa hai material para facer unha historia das eleccións xerais en Vilalba baixo a Constitución do 1978 e as eleccións previas, de 1977.
Deixo en baixo dúas gráficas e unha táboa.
A primeira gráfica representa o número de votos que tiveron nas sucesivas eleccións xerais (Congreso) os partidos que, en algún momento, sacaron máis de 150 votos. Están ordenados na columna pola primeira vez que se presentaron, e dentro delas, por número de votos obtidos nesas primeiras eleccións. Así, por exemplo, AP presentouse nas eleccións de 1977 o mesmo que UCD, pero obtivo (en Vilalba) máis votos, polo que na columna de formacións vai primeiro. E o PSOE vai máis arriba que en Marea por presentrse en 1977, e En Marea en 2016, aínda que tivera máis votos nesas súas primeiras eleccións que o PSOE nas do 1977. Asemade, En cada liña tento procurar a continuidade do partido. Así, a liña é a mesma para AP que para o PP, e inclúe a Federación AP ou á Coalición Popular, entendendo que é un mesmo grupo que cambia de nome no tempo (mesmo aínda que cambie de ‘formato’, como entre ‘Coalición’ e ‘Partido’. Como última nota, para o caso de Sumar, aparece unha liña dende 0, xando nas eleccións pasadas non se presentou (no seu caso, sería Podemos,, pero coido que non é correcto o poñer unha liña contínua entre ambas) sinxelamente porque se só hai un punto (unhas eleccións), non sería visible na gráfica.
A táboa a continuación son os datos usados para facer a gráfica (atención, os datos da súa primeira columna son os da última elección, e os da última columna, os datos de 1977). Premendo sobre ela, pode terse unha imaxe independente e ampliarse:
A segunda gráfica é unha versión da primeira con escala logarítmica, para facer notar as variacións sufridas por todos os grupos, mesmo para cando sacaron moi poucos votos.
Ligazóns: