Deixo en baixo o desglose de votos (non conto os 37 votos adicados en total a PACMA, PUM+J, FO, PCTG, e Recortes Cero porque case non se ven) por partidos e seccións electorais. Detallo en baixo, coa axuda dun mapa do concello e unha relación, o que abrangue cada sección censal, para pode facer a interpretación dos gráficos. Esta entrada correspondería, para o caso das municipais de 2023 en Vilalba coa entrada Resultados electorais municipais Vilalba 2023 (IV).
O primeiro gráfico corresponde a que se votou en cada sección censal. Cada columna é unha sección onde está representada a porcentaxe de voto a cada partido.
Vese claro que o PP ten máis apoio nas zonas rurais, ao contrario que BNG e Sumar, mentres o PSOE é máis estable entre unhas e outras zonas, o que se ve quizáis mellor no gráfico de abaixo.
O segundo gráfico corresponde á porcentaxe de voto a cada partido por sección censal. Cada columna representa a un partido.
Despois das porcentaxes, o número absoluto de votos para os cinco partidos, primeiro por seccións censais e logo, dentro de cada partido.
E a táboa correspondente ás gráficas anteriores:
ara a interpretación, hai que ter en conta as correspondencias:
Sección censal e extensión aprox.
01-001 Pobo (Avda. Terra Chá-Campo da Ponte)
01-002 Pobo (Conde Pallares-Pravia-río)
01-006 Pobo (Terra Cha-Conde pallares [sen Guadalupe])
01-007 Pobo (Campo da Ponte-Plácido Peña)
Pobo
01-003 Boizán, Mourence, Sancovade
01-004 Lanzós, Goiriz
02-001 Alba, Belesar, Insua, Ladra, Soaxe, Torre
02-002 Nete, Noche, Oleiros, Xoibán
03-001 Corvelle, Gondaísque, Samarugo, Santaballa, S. Simón, Vilapedre
03-002 Codesido, Distriz, Tardade
04-001 Árbol, Carballido
04-002 Rioaveso, Román
Outras eleccións: