[Un paso na memoria histórica de Ribadeo. Primeira parte]
Como antes do Ribadeo Indiano os xornais deron tanta información como a que podo dispoñer e comunicar, considero que a pesar de terme comprometido á confidencialidade e por iso yer atrasado días a publicación, xa podo publicar a reportaxe fotográfica da exhumación dos dous corpos. Presumiblemente, pertencentes a Manuel Mon Miranda, carabinero burelés de 44 anos de servizo en Ribadeo ó comezar a sublevación, e Justo Fernández Suárez, ‘Galochía’, condutor de Vilaronte residente na Veiga de 26 anos, morto nunha detención na estrada en Covelas o 23 de xullo de 1936 cando viña camiño de Ribadeo. A notar que ambos teñen xa entrada na Galipedia, á que ligo. Falta o estudo de comprobación (ADN, que se fará en Ponferrada) para ver se efectivamente son ou non eles, se ben a descuberta dunha chapa de carabineiro e as botas nun dos enterramentos fan unha clara indicación de que así é.
As fotos están feitas por min exceptuando as que me pasou Matilde González, Mati.
Fotos tomadas o primeiro día á mañá:
A carpa instalada e retirada de terra máis superficial Como se ve, está situada nunha zona do cemiterio sen indicación algunha, unha zona común da que só se ten constancia da súa distribución polo rexistro atopado no concello:
Comezo da delimitación de espazo, tras investigar a posición na ringleira, segundo os datos atopados no rexistro:
Primeiro rectángulo delimitado para escavar:
A escavación lévase adiante pola repetición de varios pasos, que é necesario realizar pouco a pouco, con coidado, para non destruír os restos:
Primeiro día á tarde:
As pescudas van lentas, sábese que en calquera momento poden aparecer restos, que son fráxiles, e quedar destruídos ó remover a terra.
Despexando de terra coa brocha.
Co traballo de cepillado, agora xa se ve aparecer de xeito claro un óso:
E, no outro oco, unha sola de bota.
Agora un novo cepillado indica un segundo óso, outro fémur:
Os dous fémures son xa totalmente visibles.
Os restos da bota son xa máis claros.
Segundo día á mañá:
Cando chego, xa están protexidas: só falta levantar o restos, para o que se espera o consentemento das familias.
A xente de ARMH veme e ten a deferencia de destapar para as fotografías.
Un esqueleto enteiro. O cránio xa se vía fendido en fotos anteriores.
Restos do outro corpo.
As fotos restantes son do entorno, para ter constancia tamén visual de que hai un xeito de facer as cousas, unha perparación, un método, que non se fai ó tun tun.
Fai falta tamizar a terra para que non se escapen restos entre ela (foto de M.G.)
Foto de detalle que dá conta da minuciosidade e recollida de datos coa que a ARMH fai as exhumacións (foto pasada por M.G., realizada por Miguel Freire):
Cando a escavación prosegue, a terra removida aumenta. Os enterramentos na zona común de Ribadeo son dunha certa profundidade.
Os anacos de herba, retirada como se de adoquíns se tratase, farán que, ó recolocalos sobre a terra removida, o terreo quede máis ou menos como estaba.
Datos sobre as exhumacións pódense atopar na prensa deses días, como nos artigos titulados “Encuentran los primeros restos humanos en la fosa común de Ribadeo”, “Comienzan a buscar en la fosa común de Ribadeo los restos de dos asesinados en 1936” ou “Memoria Histórica exhumará a dos asesinados en Ribadeo en julio del 36” de El Progreso.