A conto do acceso de Lourenzo Fernández Prieto a numerario da RAG, atopeime no acto con dous Vilalbeses que xa eran numerarios na Real Academia Galega: Ramón Villares Paz e Xosé Luís Regueira Fernández. As ligazóns van directas ás súas fichas na RAG. Non teñen vídeos da súa admisión colgados na rede, que eu saiba, pero si teñen tamén entrada na Galipedia: Ramón Villares e Xosé Luís Regueira. O outro día, en Ferrol, estaban misturados co resto dos membros da RAG:
Nota: Fixéronme notar que un é de Xermade (Villares) e outro de Goiriz (Regueira). Certo, Goiriz non é o pobo, pero é Vilalba, e Xermade sería de ‘Vilalba a un lado’, sen contar que na web da Academia aparece Vilalba como a súa orixe.