Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Pasou o día das letras galegas


Pasou o día das letras galegas

    Si, foi onte, lembras? O día onde os discursos máis ou menos en galego encheron as novas comentadas máis dunha vez en castelán. Si, en Galicia e en medios galegos, que tentei mergullarme nalgún estatal (por ser madrileño, din) e nin unha liña aparecía adicada ó feito do día nesa apartada e esquecida punta noroeste que somos na referencia xeográfica. Contraste con outras datas, a falta de equivalentes na lingua, que poideran considerarse da categoría, como a Diada ou o Aberri Eguna. Pero xa estamos afeitos.

    Hoxe é 18 de maio, e, que temos no xornal?. Miro un ‘galego 100 %’, din, e atópome con 48 páxinas das que adican á nova de onte media páxina en galego, xunto con unha columna ó final e un comentario de exactamente sete liñas noutra columna de comentarios de cine, en relación a unha película que botan esta noite pola galega. Tamén hai algún anuncio en galego, que non se diga que as subvencións non se usan para promover a lingua.

    Escapáraseme outro cadro de texto en galego, media páxina que tenta condensar un paseo cunha alcaldesa que, que casualidade, é do BNG. Siglas que por certo, a pesar do dito, aparecen abondas liñas máis abaixo de ser citados os dous ‘grandes partidos’.

    E mañá? Mañá desaparecerá o comentario do transcurso ó día das letras. Dos outros, non sei…

A que así parece que o negro galego é máis negro e ocupa case todo o espazo?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *