Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

De traballos velenosos atravesando a Mariña


De traballos velenosos atravesando a Mariña (e Ribadeo, claro)

    Avísanme que na sede electrónica do concello de Ribadeo atópanse dende antonte os seguintes ‘papeliños’ que comento de xeito somero en baixo:

Documento Expediente Procedemento Categoría Descrición Data de Publicación
EXPOSICION PUBLICA – Traballos Traza de gas de Ribadeo 1957/2023 Procedemento Xenérico Anuncios ANUNCIO EXPOSICION AO PUBLICO TRABALLOS MANTEMENTO TRAZA DE GAS MARIÑA LUCENSE 09/05/2023
INFORME MEDIDAS PREVENTIVAS TRABALLOS TRAZA DE GAS RIBADEO 1957/2023 Procedemento Xenérico Anuncios ANUNCIO EXPOSICION AO PUBLICO TRABALLOS MANTEMENTO TRAZA DE GAS MARIÑA LUCENSE 09/05/2023
INFORME TRABALLOS TRAZA DE GAS EN LA MARIÑA-ok 1957/2023 Procedemento Xenérico Anuncios ANUNCIO EXPOSICION AO PUBLICO TRABALLOS MANTEMENTO TRAZA DE GAS MARIÑA LUCENSE 09/05/2023

    O caso ó que se efiren os tre documentos, que en realidade van en conxunto, é a solicitude de “exposición pública durante 10 días de la
información relativa a los trabajos de mantenimiento necesarios y obligatorios de la traza de
GAS RAA-I008 MARIÑA LUCENSE

     Apuntar que os traballos corresponden ó paso do gasoduto, e son ‘necesarios e obrigados’, o que non quere dicir que se fagan como propón a empresa, Nedgia e a subcontrata, co uso dun produto, TORDONTM STAR que na documentación de produto, entre outras -moitas- cousas (son trinta e tantas páxinas, sumando 300 páxinas entre os tres documentos), especifica:

    Ou:

Indicaciones de peligro:H317Puede provocar una reacción alérgica en la piel.
H373
Puede provocar daños en el riñón tras exposiciones prolongadas o repetidas.
H410
Muy tóxico para los organismos acuáticos, con efectos duraderos.

    En fin, pódese ver mesmo nos planos que acompañan que hai cousas superfluas ou repetidas, pero bótase de menos que ‘de oficio’ a Xunta non bote atrás as intencións de usar ese veleno, cunha base usada como defoliante na guerra de Vietnam e canceríxeno segundo estudos realizados. Un produto que ten eficacia como herbicida durante meses e efectos canceríxenos durante anos.

    En fin, ti mesmo.Que os concellos e a Xunta se poñan as pilas é cousa nosa.

__

Actualización 25 de maio.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *