Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Derradeiro domingo de marzo: concentración pola paz mundial


    Esta mañá houbo unha nova concentración en Ribadeo pola paz mundial. As fotos de Suso Fernández amosan o grupo formado ás 12:30 nas escaleiras do concello. Comezou falando Iván Rodríguez Lombardero e logo continuamos, entre outros, José Angel Salvatierra e eu mesmo. A presenza de xente de Navia propiciou o acordo de que a próxima convocatoria, o domingo 30 de abril, sexa en Navia, nos Jardinillos, tamén ás 12:30. Asemade, como propiciou Iván, o grupo estará en contacto con outros grupos pola paz de Galicia. 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *