Índice de renovación de candidaturas municipais en Vilalba
Avisado de que a candidatura de Vilalba Aberta se dera a coñecer xa hai
tempo, fago unha segunda edición do índice de renovación de candidatura, coas dúas candidaturas
coñecidas, lembrando lembrando como está definido:
O ‘Índice de Renovación de
Candidaturas’, IRC, faise cun cálculo doado: puntúase cada posto dende o 18
(cabeza de lista) a 1 (último posto non suplente), collendo 0 se o nome
non parece na lista da candidatura (excluídos suplentes). Compáranse a candidatura actual -neste caso, para as eleccións de 2023- e a anterior -neste caso, a candidatura para as eleccións de 2019-, e
para cada candidato e candidata que apareza -nunha ou nas dúas-, anótase a diferencia de posto entre
unha e outra, dividindo ó final a suma pola máxima diferencia posible
(a que resultaría se non renovara ningunha persoa na candidatura). Iso dá un número
entre 0, que indicaría que as candidaturas son idénticas, e 1, que daría
conta de que a candidatura é totalmente nova. Se aplicamos o dito ás candidaturas presentadas polo momento foi dada, PSdeG-PSOE e Vilalba Aberta, temos o seguinte:
* PSdeG-PSOE:
* Vilalba Aberta (VA)
Os
resultados final dan un IRC de 0,44 para PSdeG-PSOE e 0,73 para VA. No primeiro caso indicaría unha candidatura máis ben
de continuidade, pero cunha renovación importante, dando así unha idea
do que podería ser a liña do próximo mandato, caso de seguir na
alcaldía. No segundo caso, VA, indicaría unha candidatura máis renovada, como parece máis lóxico ó tentar conseguir mellores resultados que nas eleccións anteriores, xa que a que a que a metade dos compoñentes non estiveran na proposta de 2019 hai que engadir os cambios de posición dalgúns dos que si que estaban.
Cando se presenten as outras candidaturas, tentarei facer o mesmo, ata unha entrada para o conxunto, podendo así comparar os IRC, a renovación ou continuidade, das diferentes candidaturas.