Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Xoves, xuntanza pola paz


    Ribadeo está cheo de actividade no verán. Hai moitas actividades de entretemento, novas, dunha vez, e tamén outras dirixidas a outros motivos. Unha das veteranas a estas alturas, e a pesar de ter comezado na primavera, é a xuntanza dos xoves diante do concello para reivindicar a paz. Unha querencia, a da paz, lóxica, pero que hai que construír, procurar, traballar. Así, este xoves, o mesmo que os outros vintedous anteriores, unha nova concentración espera por ti, para expresar ese sentemento que levas dentro, na procura da paz. Lembrámovolo por se non víchedes o correo co listado semanal de actividades que envía cultura, que esta semana inclúe a convocatoria.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *