Qen pasara estes días pola rúa peonil terá observado unha estrutura de andamios en Casa Maseda. Seguro que non foun o único en pensar que por fin ían reparar a casa, atribuíndolle a reparación ós donos. Pois parece que non é así, senón que é o concello quen paga as obras de xeito subsidiario, despois de ter unha deuda importante sen cobrar en base ás multas impostas ós donos, segundo aclara a nota do concello que adxunto:
FÓRONLLES IMPOSTAS 4 MULTAS COERCITIVAS POR 8.200 EUROS
Execución subsidiaria
23/06/2022
O Concello realiza a execución subsidiaria
dunhas obras nun céntrico edificio da rúa Villafranca do Bierzo, debido
ao descoido e á desatención por parte dos seus propietarios que foron
facendo que o seu deterioro afecte non so ao ornato senón tamén á
seguridade pública. O importe das obras ascende a 20.000 euros e o prazo
de execución será dun mes, segundo informou esta mañá o alcalde,
Fernando Suárez.
O rexedor explicou que “hoxe iniciamos unhas obras das que non nos
gusta facer, pero que temos que executalas por responsabilidade para
protexer aos viandantes e para garantir unha mínima seguridade
pública.Trátase dun céntrico edificio da Rúa Villafranca do Bierzo que
desde hai uns anos a esta parte, o descoido e a desatención por parte
dos seus propietarios foron facendo que o seu deterioro afecte non so ao
ornato público senón tamén á seguridade pública”.
Suárez Barcia
lembrou que “o Concello xa declarou a ruína parcial do inmoble ao ser
declarada en ruína a súa cuberta no ano 2014. Desde aquela foron
desatendidas todas as advertencias que o Concello fixo tendo que chegar a
impoñer un total de catro multas coercitivas por un importe de máis de
8.200 euros”.
O alcalde contou que “hai pouco tempo quixemos
acceder ao interior para comprobar a gravidade da situación actual e non
puidemos facelo pola negativa dos residentes e pedímoslle auxilio á
xustiza, pero non o obtivemos dado que nos comunicaron que debiamos
actuar doutro xeito sen invadir o domicilio”.
Fernando Suárez
indicou que “agora, atendendo aos informes técnicos municipais que nos
indican que debemos adoptar medidas inmediatas, acabamos de contratar
unhas obras de urxencia consistentes en asegurar e estabilizar a
carpintería de exteriores, en facer arranxos na cornixa, nas fachadas,
substitucións dos canalóns, pintados e adecentados. Estas obras ascenden
a uns 20.000 euros de diñeiro público, que van saír de todos e de todas
as ribadenses. O prazo de execución é de un mes e a obra foi adxudicada
a Coto Estudios y Construcciones”.
O alcalde subliñou: “e o que
si debe quedar claro é que os importes, tanto das sancións aínda non
cobradas como toda esta execución subsidiaria, serán cobrados polos
sistemas previstos nas leis, chegando incluso, se é necesario, ao
embargo da propiedade”.