Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza?


    Non, non me refiro ó presente, senón ó libro que mañá xoves se presentará na Casa do Viejo Pancho en Ribadeo, xusto despois de que teña lugar a concentración para a paz diante do concello. O título deste artigo, sen interrogante, é o da colección; o que se vai presentar é o primeiro tomo, A relevancia do reino galego medieval, que nos por onde irán os tiros na presentación (é de esperar). Por certo, un libriño que vai pola súa terceira edición e que ven sendo presentado por toda Galicia e que afonda no coñecemento sobre a nosa historia, entre os século
VIII e XIV, desbotanto algunha idea, terxiversación e ocultación
que se ten instaurado ó longo do tempo, en particular na ditadura.O autor é Francisco Rodríguez, militante e parlamentario do BNG, e estará acompñado na mesa por Farruco Graña, presidente da A.C. Francisco Lanza.

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *