Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

E mañá? Si, mañá tamén, pola paz


    Mañá, 19 de maio, volve ser xoves. É dicir, volve estar convocada concentración pola paz en Ribadeo. Nn ‘pola paz en Ribadeo’ (que tamén!) senón ‘pola paz’, en Ribadeo, diante da Casa do Concello.

    Unha semana máis, vemos que a guerra segue xerando mentiras, pero sobre todo, sufrimento. O mero feito de concienciarnos á é unha forma de, pouco a pouco, conseguir facer a paz. Algo que todos sabemos moi necesario. Para os implicados directos, que son os que máis sofren, pero tamén para calquera outra persoa e para o planeta, que estamos destruíndo a un ritmo ó que axuda a guerra.

    Mañá xoves, ás oito da tarde, estaremos diante do concello, na décimo segunda concentración dende que se iniciou a invasión de Ucraína. Cun simbólico papel en branco onde escribir o futuro comuú.

  


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *