Deixo anota de prensa do concello despois da panificación:
TRÁTASE DA EDICIÓN MÁIS NUMEROSA, SEGUNDO PABLO VIZOSO
13 grupos nos Cantos de Taberna
31/03/2022
A quinta edición dos Cantos de Taberna, que
organiza o Concello de Ribadeo, celebrarase este sábado, 2 de abril.
Trece grupos de Galicia e Asturias percorrerán coa súa música
tradicional e popular os 25 establecementos hostaleiros que se dan cita
neste evento a partir das oito da tarde.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, dixo que “este
sábado, 2 de abril, vaise celebrar a quinta edición de Cantos de
Taberna, organizado unha vez máis polo Concello de Ribadeo. Deste xeito
recuperamos un evento que tivo lugar por última vez no ano 2019 e que
non puido ter continuidade debido aos efectos da pandemia”.
O
edil ribadense explicou que “a partir das oito da tarde en máis de 20
establecementos da vila poderase gozar coa música tradicional e popular
interpretada por 13 grupos procedentes de diferentes lugares de Galicia e
de Asturias. De Galicia concretamente desde Outeiro de Rei, As Pontes,
Vilalba e Lugo; e de Asturias, de Castropol e Navia, que xunto coas
formacións locais ribadenses recordarán os vellos cantares de cada zona.
En total máis de 130 persoas cantando, tocando e bailando volverán a
encher Ribadeo de ledicia e de animación”.
Vizoso Galdo
manifestou que “con esta actividade preténdese un reforzo da
programación nos meses baixos, fóra da temporada estival, procurando
sempre ofertar actividades e recursos desestacionalizadores que apoien
ao sector servizos”.
E engadiu que “dende as Concellarías de
Turismo, de Educación e de Cultura animamos a sumarse a esta actividade
aos veciños e veciñas de toda a contorna, para participar e disfrutar
dunha noite chea de tradición; sempre é unha boa ocasión para estar coas
amizades e para percorrer Ribadeo ao son da música tradicional”.
O
concelleiro de Desenvolvemento Local destacou “a gran acollida que está
a ter esta edición pois estamos a falar da máis numerosa, polo que
agradezo enormemente aos participantes a súa colaboración”.