Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Sobre Víctor Madera, o propietario da Torre dos Moreno


    Víctor Madera, patrón de Paisajes de Asturias, propietaria da Torre dos Moreno en Ribadeo, é o tema dun artigo do último número en papel de El Salto. Non é a primeira vez que se fala del en ribadeando; agora, deixo a tradución ó galego de dito artigo, licenciado como CC-BY-SA.

Víctor Madra: Helios y Atenea en la Castellana

O magnate asturiano Víctor Madera, rico gracias ó sangrado da sanidade pública, orquesta dende Luxemburgo unha fortuna regada de fincas e mansións. 

Felicia Barrio



    Non sabía que, durante la Guerra Civil, ó Paseo de la Castellana de Madrid lle chamaran la Avenida de la Unión Proletaria. Para atopar ó proletariado hoxe nesta rúa hai que vir ás 11:30h. Unha lexión deles afánase na reconstrución de Castellana 14. Fronte a eles, outro destacamento desfila con sacos de obra pola porta do número 23. Fai esquina con Zurbarán e no seu primeiro andar está a oficina madrileña de Víctor Madera (Oviedo, 1961), un ganador, o máis sagaz do lucrativo proceso de consolidación do negocio da sanidade privada en España.


    Todo ten explicación na cabeza dos seus asesores fiscais, Todo ten explicación para que a súa empresa principal, HCI SA, o gran contedor do seu patrimonio, estea en Luxemburgo. Para que o seu enderezo profesional sexa unha mansión ó suroeste de Londres, en Virginia Water (Surrey), unha das urbes máis pijas do Reino Unido. El vive nunha casa de base circular e estanque circular no centro xeodésico de La Moraleja.


    Porque Madera, Presidente de Quirón, considérase a si mesmo un inversor emocional. HCI SA acumula 597 millóns de euros -o seu último balance é de 2019- gracias a uns ataques de emotividade, ben canalizados cara ó enrequecimento persoal. Súfreos dende hai 30 anos e téñeno levado a liderar un proceso de concentración hospitalaria nunca visto que desembocou na creación do actual Quirón Salud. A historia de como o logrou tense escrito varias veces e segue a vella fórmula que ten fabricado tantas e tantas fortunas coñecidas, varias das maiores do país: o legrado do común.


    Madera entendeu o primeiro como a política rexional sanitaria nutre de xeito permanente a sanidade privada grazas á derivación das listas de espera e outros sangrados. Viuno preto na Cruz Vermella e no Grupo Recoletas. Ate a súa xogada de mestre, o negocio hospitalario privado era cousa dalgunhas familias con poder local en Catalunya, Andalucía, Canarias ou Galicia; mutuas e a Igrexa católica. Esta mesma partida tamén a xogaron outros, como a familia Gallardo (Vithas), La Caixa e as vellas caixas dirixidas por políticos valencianos e madrileños en torno a Ribera Salud.

    No gran lago público había peixes para todos. Madera deseguida deu vida a IDC Salud, eixo das súas operacións especulativas xunto ó fondo CVC, que en apenas dez anos desembocou en Quirón Salud. O punto de partida foi a venda de Quirón (55 hospitais) ó meirande grupo sanitario alemán, Fresenius Helios, no que quedou como presidente en España e accionista. 

    Agora Madera xa ten deixado atrás aquela axitación empresarial. As súas catro fillas como catro soles herdarán outra cousa. Algo que ten máis que ver coa súa mansión de La Moraleja, unha casa de verán en Castropol e a mellor finca de caza de Extremadura. Xunto á súa esposa, Obdulia Fernández, dende esa oficina do primeiro andar de Castellana 23, onde o sol de inverno reflíctese xeneroso polas mañáns, leva anos mercando propiedades suntuosas en Asturias, Menorca, Formentera, Reino Unido, Torrejón El Rubio… 

    En cinco anos, unha das empresas que domicilia aquí, Paisajes de Asturias SL, cuadruplicou o seu patrimonio até 216 millóns. Nese tempo, Obdulia ten copado pouco a pouco o seu capital, ata o 84% actual, e ten unha das carteiras inmobiliarias máis exquisitas do país, engordada con palacetes indianos e outros caseróns señoriais que algún día competirán con Paradores Nacionales. 

    Paisajes de Asturias comparte piso con Bosetia investments SL, que suma outros 116 millóns en inmobles. Bosetia é unha desas empresas que se compran e xa. Foi creada en 2017 por Afiens Legal, o despacho de compañías durmintes de Lorena Salamanca Cuevas, e pasou deseguida ás súas mans para comprar a clínica Planas á familia balear Planas Palou. En resume, contén o hospital PalmaPlanas, alugado a Quirón, e a residencia para maiores de 55 anos Can Granada, ambos en Palma, que lle embebe clientela. En Baleares, Madera esténdese asemade por Ibiza, Formentera, e sobre todo, Menorca -Encantos de Menorca SL- onde medios locais o identifican como propietario do 1,5 % da illa, pois en pouco tempo ten adquirido milleiros de hectáreas e espazos e edificios singulares. No Reino Unido, ademais, a súa firma HCH Wooden Limited inviste outros 90,3 millóns. 

    Así ‘fíxase e da esplendor’ a un patrimonio construído sobre a especulación dentro dun dos terreos más sensibles, a saúde, onde políticos e políticas sen escrúpulos poñen o listón ó empresarios do ramo. 

    De Blackstone a Blackrock, pasando por Nicolás Osuna, José Lladó, as irmás Álvarez, Borja Prado… e Madera. Son xa toda unha experta en poñerlle ollos, nariz e boca a ese mundo alleo que pobra a efémera Avenida de la Unión Proletaria. Se mañá vas ó número 23, verás como o seu frontón encoméndase a Atenea, que loce un casco e unha éxida divinos, lista para a batalla, Toda unha alegoría da guerra de clases, onde a deusa ten tomado partido, branco e en botella, polo único bando hoxe consciente da súa existencia. O bando que, como di o vello Warren Buffet, ‘ímola gañando’


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *