Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Manifesto de apoio das entidades locais galegas ao pobo ucraíno


    Reproduzo o comunicado, accesible en https://fegamp.gal/content/apoio-das-entidades-locais-galegas-ao-pobo-ucraino (comunicado que respalda tamén o concello de Ribadeo, sen reproducilo, como se pode ver en http://ribadeo.gal/actualidade/nova.php?id=4220&lg=gal). Non á guerra.

Apoio das entidades locais galegas ao pobo ucraíno 

Data:
venres, 25 Febreiro, 2022

A
Federación Galega de Municipios e Provincias manifesta firme censura
respecto á agresión que Rusia está a levar a cabo en Ucraína. Como
defensores dos dereitos e liberdades das persoas non podemos tolerar
ningunha acción que socave ditos cimentos humanos.


As guerras son unha traxedia e un retroceso da civilización. Non hai
nada que xustifique as vítimas mortais e o cruel sufrimento dos
superviventes, que marcará o resto das súas vidas. Os devastadores
efectos desestruturan a sociedade moito máis aló do conflito bélico.
Danos irreparables que se agravan cada minuto que pasa.


Por tanto, unimos a nosa voz ás que apreman ao dirixente ruso para
que cese os ataques e a invasión do territorio ucraíno inmediatamente,
que desista de calquera acción pola forza e retome a negociación como
única vía para procurar os seus intereses.


Así mesmo, apoiamos o labor da comunidade internacional por
restablecer a paz e salvagardar a independencia de cada país e poñémonos
á súa disposición para axudar, dentro das nosas posibilidades, naquelas
medidas que procuren a protección e benestar das persoas que foxen do
conflito para salvar a vida.


Os ucraínos e ucraínas poden contar coas entidades locais galegas,
que estamos pendentes -con gran preocupación e pesar- do que están a
vivir.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *