Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Non lle pido ós reis, abogo por xustiza. Evaristo Lombardero


         Esta é unha
alegación que presentei a este proxecto xunto co grupo Eólicos na Mariña, así non. A
intención era que houbese unha alegación que puxese en primeiro plano os
temas relativos á saúde. Esto é un refundido de varios documentos
que me chegaron pero gustaríame seguir traballando no tema e se hai
persoas interesadas ter un contacto para ver de engadir máis aportacións.
Gustaríame suliñar que o proxecto contempla grandes movementos de
terras e maquinaria xunto da presa de Lexoso, onde
se atopa unha das tomas da auga de bébeda de Ribadeo e mais en un
ensanchamento da pista que vai paralela ao rego de Noceda que tamén
surte á devandita presa, pero na memoria do proxecto o encoro de Lexoso
NON EXISTE. Pola sua banda o Concello de Ribadeo non
ten decidido se vai presentar alegacións cando faltan 5 días para que se
peche o prazo.

SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA 


Área de industria e Enerxía 


Praza de Ourense, nº 11, A Coruña, C.P. 15003. 


 


Don Evaristo Lombardero Rico, con DNI: Nºxxxxxxxxxx, con domicilio a efectos de notificacións en xxxxxxxxxxxx, Piñeira,
 municipio de Ribadeo, provincia de Lugo, teléfono xxxxxxxxx. 


 


EXPÓN: 


Á vista do Anuncio da área
de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia polo que se
somete a información pública o Estudo de Impacto Ambiental e a
solicitude de Autorización
Administrativa Previa do Parque Eólico “FONTE BARREIROS” de 96 MW e a
súa infraestrutura de evacuación na provincia de Lugo; BOE de Lugo
número 246 de data 14 de outubro de 2021; Código do proxecto: Peol-383; e
á vista da corrección de erros publicada no BOE
número 282 de data 25 de novembro de 2021, por medio do presente
escrito realiza as seguintes alegacións: 

 

1)INSUFICENTE CALIDADE DO E.I.A.

    A execución do Proxecto do
    Parque Eólico Fonte Barreiros leva aparellado o correspondente “Estudo
    de Impacto Ambiental”, e tralo seu análise, considérase incompleto e
    insuficiente.
    Abonda dicir que adica 69 páxinas a resumir o proxecto avaliado mentres
    abondan 10 páxinas para todo o inventario do medio natural e
    socioeconómico: as características climáticas, xeolóxicas, das augas,
    solos, vexetación, fauna, paisaxe, medio social, actividades
    económicas. Do mesmo xeito, os inventarios de espazos naturais,
    especies e bens patrimoniais son meras listas carentes dunha análise
    alén da propia enumeración.
     



    Este deslexo amósase tamén
    nos apartados adicados a identificación de impactos e a súa avaliación,
    carente de xustificación algunha nin base científica. Nos seguintes
    puntos faise
    unha somera relación dos aspectos nula, insuficiente ou deficientemente
    tratados no EIA, particularmente no que atinxe á saúde humana,
    consierándose que DEBERA SER REXEITADO POLA SÚAS DEFICIENCIAS.
     
  • 2) ALTO RISCO DE AFECCION A TRAIDA
     DE AUGAS DO CONCELLO DE RIBADEO:  

    A traida municipal de augas de Ribadeo ten un punto de abastecemento na
    PRESA DO LEXOSO, abastecida polo rego do mesmo nome e máis polo
    rego de Noceda. Obviamente trátase de un punto da máxima sensibilidade
    localizado nun lugar inmediato a 
    onde o proxecto ten previsto importantes movementos de terra, pol
    tanto con presencia e actuación de grandes máquinas excavadoras e de
    transporte. Sin embargo este punto de alto risco non está identificado
    no inventario e non se teñen en conta os probabeis
    verquidos e impactos sobre a auga de bébeda e consumo humano, nen os
    graves efectos que pode ter sobre a saúde pública que non están
    avaliados no EIA.

       
    3) IMPACTO ACÚSTICO 
     

    O impacto acústico dos
    parques eólicos, xerado tanto pola mecánica como da aerodinámica da súa
    actividade, representa un dos principais impactos para as persoas, a
    fauna e os hábitats,
    polo que a análise profunda nesta materia resulta imprescindible.
    Porén, neste caso o Impacto Acústico derivado da actividade do propio
    parque unha vez iniciada a súa vida útil resulta insuficiente, vago e
    impreciso. De feito, o estudo non revela os factores
    tidos en conta no modelado do ruido xerado e a súa trasmisión, aínda
    que polo resultado obsérvase que non se tivo en conta o vento, e que se
    empregou un modelo que trata o ruido coma se estivera xerado por unha
    fonte puntual e omnidireccional, cousa xa superada
    na actualidade. Pola outra banda, non se fixo unha análise diferenciado
    por bandas de frecuencia pese ás evidencias científicas da diferente
    capacidade de trasmisión e efectos entre entre frecuencias altas e
    baixas. 

       
    4) RADIACIÓN ELECTROMAGNÉTICA
     

    O estudio non recolle o
    nivel de “RADIACIÓN ELECTROMAGNÉTICA” emitida polos aeroxeneradores ás
    liñas eléctricas, nin o impacto sobre a saúde dos habitantes da zona nin
    á fauna. No
    momento actual xa hai abondos estudos que relacionan as
    concentracións
    da hormona melatonina co desenrolo de diversos tipos de cáncer. Existen
    evidencias científicas de que a melatonina
    podería suprimir a formación de algús tumores polo que unha radiación
    que reducise a producción de melatonina en humanos, estaría relacionada
    con aquelas enfermedades (ver publicacions científicas de Boorman et
    al., 1999, McCormick et al., 1999, Lagroye et
    al., 2011, ou a de World Health Organization, 2002, concretamente os
    Capítulos 4º y 5º). Cada vez hai menos dúbidas no mundo científico de
    que existe unha relación directa entre a exposición a campos
    electromagnéticos e diversas afecciones á saúde. Son abondo
    coñecidos os estudos da Universidade de Oxford (Draper et al., 2005)
    que relacionan este tipo de contaminación ca leucemia infantil ou co
    incremento de cancro infantil. Outros autores tamén atoparon risco de
    contraer leucemia infantil en fogares con nenos
    a menos de 600 m de líñas de outa tensión (Copes, R., & Barn, P.
    (2008). A Alianza Internacional de Campos Electromagnéticos (IEMFA)
    publicou no 2011 un informe e declaración de consenso científico sobre
    os riscos dos campos electromagnéticos
    (http://www.iemfa.org/seletun-statement/),
    incluidos os de frecuencia extremadamente baixa, como os que se xeneran
    nas líñas de outa tensión ou nas estacions eléctricas transformadoras
    (v.gr. Sirav et al., 2014).
      

        
    5) OUTROS IMPACTOS SOBRE A SAUDE   

    Ademais do devandito impacto dos ruidos a
    contaminación lumínica, las ondas sónicas de baixa frecuencia, as ondas
    electromagnéticas e otros
     actúan de maneira individual e sinérgica, con
    efectos que se potencian en función da proximidade das persoas as
    instalacions, así como o tempo de exposición. Outos niveis de ruido
    xenerado polas turbinas eólicas (aeroxeneradores) asocianse
    ca prescripción de medicamentos para durmir e antidepresivos entre os
    ancians, o que suxiere que o ruido ao aire libre xenerado polas turbinas
    eólicas pode estar asociado ca perda de calidade do sono e a saúde
    mental. (Poulsen et al., 2019).Asemade teñense
    descrito o impacto de ions na calidade do sono mediante a interrupción
    obxectiva do mesmo, reflexada por unha maior frecuencia de despertares,
    proporción reducida de sono en fase mais fonda, ou a reducción do sono
    na fase N2 (e.g. Smith M.G. et al., 2020).
     

        
    Dos anteriores argumentos desprendese a recomendación de aplicar,
    nos parques eólicos, maiormente en casos como o actual no que se
    proxecta a instalación de enormes estructuras escasamente estudadas a
    nivel mundial e mesmo nas
    instalacions eléctricas de outa tensión, o Artígo 3 da Ley 33/2011, de 4 de outubro, General de Salud Pública, sobre
    principio de precaución, que di “La
    existencia de indicios fundados de una posible afectación grave de la
    salud de la población, aun cuando hubiera incertidumbre científica sobre
    el carácter del riesgo, determinará la cesación, prohibición
    o limitación de la actividad sobre la que concurran.”   

         
    Asemade invocaremos aquí o artigo 43 da Constitución Española que di:
     

      1. Se reconoce el derecho a la protección de la salud. 

      2. Compete a los poderes
    públicos organizar y tutelar la salud pública a través de medidas
    preventivas y de las prestaciones y servicios necesarios. La ley
    establecerá los derechos
    y deberes de todos al respecto.
     

      3. Los poderes públicos
    fomentarán la educación sanitaria, la educación física y el deporte.
    Asimismo, facilitarán la adecuada utilización del ocio.
     

     

    SOLICITA: 

    1º.-
    Que se teñan por presentadas as anteriores alegacións dentro do prazo e
    forma establecidos,
    e seguindo o legal transcurso do procedemento se acepten e no momento
    oportuno se produzan as necesarias modificacións no expediente de
    referencia.
     

    2º.- Que como parte interesada, me realicen tódalas notificacións que procedan, e de acordo
    co artigo 86.3 da “Ley 30/1992, de 26 de novembro, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y el Procedimiento Administrativo Común”,
    solicítase a esta Administración que remita resposta razoada e xustificada a tódalas alegacións presentadas.
     
     

    3º.-
    Que a Declaración de impacto ambiental se considere negativa ou
    desfavorable, en razón
    dos datos expostos no presente documento de alegacións, e que non se
    outorgue a Autorización administrativa previa do parque eólico Fonte
    Barreiros, e en consecuencia
    se desestime a execución do proxecto. Que non se outorgue a Autorización administrativa previa.
     

     

    Ribadeo, cinco de xaneiro de 2022

     


    Asdo.-Evaristo Lombardero Rico


  • Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *