RÍA DE RIBADEO, POR ENÉSIMA
Pancho Campos Dorado
Erguémonos o venres, 5 de novembro, cun titular de prensa “Asturias gana la batalla del topónimo y ría del Eo se equipara a Ría de Ribadeo” (La Voz de Galicia). “O Estado admite como cooficial o topónimo Ría do Eo” (Nós). Unha resolución tomada polo chamado “Instituto Geográfico Nacional” (IGN) que accede a pretensión do Principado.
Este instituto debería chamarse “Instituto Geográfico Terrestre Nacional” (IGTN) pois ese cadro de asalariados parece entender pouco ou nada de hidronimia, nin de talasonimia, nin de Usos e Costumes do Mar. Particularmente, non hai un só exemplo tal, en toda a costa galega, na cantábrica, e en todo o litoral da Península Ibérica, pois tanto as rías como as badías noméanse polo nome do porto comercial co que se trafica. Exactamente igual que en todo mundo, badías e estuarios levan o nome da cidade que ten o porto comercial máis importante, de aí que todas, absolutamente todas as cartas de navegación dos Institutos Hidrográficos do mundo enteiro teñan as rías nome de cidades e pobos, nunca levan o nome dun río que desemboca nelas. Nin hai badía do Orinoco, nin do Amazonas, nin do Hudson, nin do Nilo. Menuda barrabasada.
Pero ben, ao personal actual do IGN iso parece importarlle pouco, pois trátase dun problema entre Asturias e Galiza, quen sempre tivo a fatalidade de ser gobernada por políticos de terceira rexional.
Non entendemos nada. Asturias presenta un “Informe da Oficina de Política Lingüística do Principado de Asturias” sobre o nome da Ría de Ribadeo, escrito en un rebuscado galego oriental por un tal Antón García Fernández “Director General de Política Lingüística”, un chiringuito creado polo Principado, a quen acompañan na redacción uns cantos adláteres tan mal intencionados coma el. Das esperpénticas reviravoltas deste informe fixo un exhaustivo estudo D. Evaristo Lombardero (en Ribadeando o 29-10-2021 e La Comarca del Eo 22-maio-2021) polo que non vou a entrar a repetir aqueles argumentos. Este informe, sen máis, foi aceptado por IGN. Por que? Fixo o tal organismo oficial algunha enquisa semellante no entorno de Ría de Ribadeo, na zona galega ou asturiana, para contrastar o que di tal informa? Non. Non fixo nada.
Por outra banda, mencionan uns informes “oficiales” de 1871 para apoiar a súa sentencia, os cales, sabemos que son unhas escrituras de propiedade, onde un notario de turno, fai de “grafitero documental” pois cambia o nome oficial da Ría de Ribadeo pola denominación do Eo, cando xa había oficialmente cartas de navegación da Ría de Ribadeo, feitas por membros da Armada Española e do Ministerio de Mariña, das cales podemos aportar os datos:
1ª) Ano: 1776 Plano de la Ría de Rivadeo. Escala en varas casteláns 2000 varas = 18 cm. Autor: Luis Videgaray. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-7
2ª) Ano 1787 mes de Abril. Plano de la Ría de Rivadeo. Autor: Tomas Ramery. Escala en varas de Burgos 1000 varas = 10 cm Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-21.
3ª) Ano 1787 Plano de la Ría de Rivadeo, del Barquero, Bares, Cedeira y Vivero. Autor: Vicente Tofiño de San Miguel. Escala gráfica de una milla marítima. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-5
4ª) Ano 1788 mes de Marzo. Autor: Miguel de la Fuente. Escala en varas de Burgos. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-37-3
5ª) Ano 1788 mes de Mayo. Autor: Tomás Ramery. Escala en varas de Burgos. Orixinal en Museo Naval de Madrid, Cartografía E-37-7.
6ª) Ano 1835 mes de Agosto. Autores: Miguel Antonio Blanco Ortigueira e José Antonio Villamil Saavedra. Escala de 1 milla marítima. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-8
7ª) Ano 1835 mes de Agosto. Autores: Miguel Antonio Blanco Ortigueira e José Antonio Villamil Saavedra. Escala de 1 milla marítima. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-37-1
8ª) Ano 1835. Plano del Puerto de Ribadeo en Galicia. Escala 1 milla marítima. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-30
9ª) Ano 1852. Carta Náutica plana del puerto de Ribadeo. Escala 1 milla marítima. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-37-2
10ª) Ano 1856. Carta Náutica de la Ría de Ribadeo. Autores: Antonio Miguel Blanco y Juan Tomás Cucullu. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-2
11ª) Ano 1860. Plano da Ría de Ribadeo. Autor: Juan Tomás Cucullu. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-1
Toda esta documentación da época pasou por alto aquel prototipo de notario “poeta”, dentro da clasificación que lles fai a este tipo de individuos Dª Victoria Armesto: “Lenin desconfiaba de la música, el Padre Sarmiento de la poesía y muchos padres [das familias fidalgas] parecen coincidir con estos recelos y antes de ver a sus hijos como poetas o músicos, prefieren verlos como notarios o registradores de la propiedad” (Galicia Feudal II, Ed. Galaxia 1969, p.353).
Penso que si a Administración Marítima seguira estando en mans da Armada Española, saberían que Pedro Teixeira (1569-1603) nos seus tratados de Xeografía xa ten biografía sobre a Ría de Ribadeo, e desde logo que non se pasaría por alto o valor histórico das CARTAS NÁUTICAS DA RIA DE RIVADEO, tanto do Instituto Hidrográfico Español como as do Almirantazgo Británico.
Pola nosa parte, non aceptamos para nada esta sentencia arbitraria e a todas luces partidista, dunha administración de parásitos que se reúnen de cando en vez para dicir si a facer dano. Esta sentencia é unha grande ignominia contra todo o sentido da Historia do Porto e Ría de Ribadeo, que levamos defendendo desde fai máis de 35 anos. Sempre estivemos atentos as falcatruadas que se estaban a facer por parte do Principado. Incluso desde a Asociación de Veciños de Ribadeo “O Tesón” denunciamos ante a Garda Civil o xoves 13 de maio de 2010, ao diario “La Nueva España” ese pasquín de Asturias que “despois de longos anos de ter usado dito diario de xeito constante o topónimo de “ría del Eo” en troques do legal “ría de Ribadeo”, agora xa non se conforma coa dita teima e dá unha puntada máis en contra do noso patrimonio, dicindo “que diversas instancias galegas queren impor o topónimo legal de xeito insidioso”. O artigo “Galicia quiere los cañones del Eo”, do día 5 do presente mes, entre outras cousas relativas ó nome da ría e ó patrimonio, aparece o texto “para las dos orillas de la ría del Eo, cuya denominación los nacionalistas gallegos querían cambiar por el de ría de Ribadeo” (La Comarca del Eo, 29 maio 2010). Falsidades constantes e cínicas expresións onde as houbera. Hoxe vemos que tíñamos razón. De aquelas ensidias estes resultados.
Continuabamos a explicar que este “xornal” (La Nueva España), “xa non só se conformaba coa difamación da nosa toponimia histórica senón que con un cinismo inusual, no artigo de mércores 5 de Mayo de 2010, menciona que os restos que hai no fondo do “estuario” son de pertenza “asturiana” e retrata aos raqueros do pecio histórico de “El Galgo de Andalucía” como se de heroes e patriotas se tratara”.
Este periódico falsea torticeiramente a información histórica, pois non teñen ningunha rigorosidade nas noticias que atinxen ao Reino de Galiza, as cales foron relatadas por D. Eduardo Lence Santar y Guitián [Xosé Isidro Fernández Villalba, Mondoñedo Regreso al Pasado V, cap.35 p. 117 a 127] como sigue: En 1719 torna a ter un importante comercio [Ribadeo] e era un gran porto estratéxico para a guerra no mar, por cuxo motivo o 27 de setembro deste ano sufría a invasión dos piratas ingleses -en número de seiscentos- que arribaron en tres fragatas de guerra e o “pretenden colonizar” ou máis ben saquear se non se aceptan os pagos de 2000 doblóns en metálico, trinta bois e vinte carneiros. As fragatas San Francisco e o Galgo de Andalucía que estaban aquí apostadas, antes de deixalas caer en mans inglesas os propios capitáns D. Lorenzo de Tablada e D. Sebastián Villaseñor respectivamente, préndenlles lume, e cuxos pecios aínda se deben atopar no fondo da Ría de Ribadeo. O Alcalde Maior de Ribadeo D. Juan Antonio del Llano y Osorio e unha pequena comitiva van falar para reunir os cartos co Alcalde Maior D. Francisco Antonio de Luaces y Somoza de Mondoñedo -capital da provincia-. Os ingleses saquean e queiman a vila durante tres largos días, e por fin reciben 2400 pesos que os ribadenses chegaron a reunir (600 doblóns), e con este botín en metálico retíranse o primeiro de outubro e levan áncoras de novo” (tamén no meu libro “Escudos de Armas do Concello de Ribadeo”, p.30-31).
No ano 2011, alertabamos do que estaban a facer no Principado ao poñer un nome a Reserva da Biosfera- Oscos-Río Eo e Terras de Burón co programa LEADER, no cal non se mencionaba para nada a Ribadeo, cando máis das tres cuartas partes do territorio son das Terras de Ribadeo e Miranda. Naqueles artigos, escritos neste mesmo semanario de La Comarca del Eo, Buronlandia (ligazón a Ribadeando; La Comarca del Eo, 1-outubro-2011), explicábamos en como, “no ano 1414, foi creado por Juan I de Castela o Principado de Asturias, e desde aquela foron apropiándose das Terras de Reboredo ou Terras de Ribadeo desde o río Navia o Eo (escritura de 1551 en Medina del Campo); a primeiros do século XX cambiaron o nome da Veiga de Ribadeo, este século XXI tócalle a Ría de Ribadeo e van, sen dúbida, polo Concello de Ribadeo completo, pois as terras xa son, polo que parece, as de Burónlandia, para o século XXII será Barreiros, a Espiñeira, Villaronte… no século XXIII Foz… e non sei cando chegarán a Catedral de Santiago…”.
En Buronlandia II, a un Juan sen Nome (Ribadeando, 14-setembro-2017 e La Comarca del Eo, 12-novembro-2011), falabamos da neglixencia que se cometía por parte da alcaldía de Ribadeo cando se permitían, sen levantar unha sola protesta, as denominacións da Casa da Ría, obviando de Ribadeo, a Casa da Ría del Encuentro, obviando de novo o de Ribadeo. Naquel mesmo artigo, tamén diciamos que tiveron “a “fachenda” de pasar por derriba da historia, sobre a resolución do Marquesado da Ría de Ribadeo” [BOE, Nº151. Real Decreto 591/2002, de 24 de Junio] e do informe do Ministerio de Fomento, sobre a resolución da nome da Ría de Ribadeo [Ministerio de Fomento, 13-Marzo de 2008]
De nada valeu. Falabamos, dos referentes que manipularon os datos “da Diadema de Ribadeo, descuberta fai máis de 200 anos, no Castro das Grovas, non sei como se pode ter tal desfachatez “académica”, como para dicir, que fai uns vinte anos, “reconocidos arqueólogos e historiadores” (innombrables pola miña parte) avalan a súa procedencia astur. ¿Qué pasou agora? ¿acaso encontraron seus “insignes adláteres”, dentro das vitrinas do Louvre, terra dos Oscos-Rio Eo e Terras de Burón, pegada na filigrana da Diadema de Ribadeo?”. Non pode crerse que lograron con todo tipo de falsidades arqueolóxicas que o Ministerio Arqueolóxico Nacional rexistrase a Diadema de Ribadeo como Diadema de Moñes. Pois sí, iso ocorreu, e está vixente. Continuaban falando tamén de que o “pecio da “Galga Andaluza” estaba en augas xurisdicionales asturianas e que “la Dirección General de Patrimonio del Principado la ha registrado en pleno derecho y obligación conservadora” ¿co dereito de qué? Agora que se van facer catas arqueolóxicas na Ría de Ribadeo ¿quen vai ser o Controlador de Patrimonio? ¿A Xunta ou o Principado? ¡Ribadeo perderá patrimonio de seu, como sempre!. Así mesmo ocorreu e está ocorrendo.
Diciamos en La Comarca del Eo (29-agosto-2009 e en Ribadeando) “o topónimo histórico lles importa mui pouco! ¡estáselles vendo o plumero a estes “marchantes de historia”! O que realmente importa é que a Ría de Ribadeo perda tal denominación porque así con ela perde a identidade galega. Para o meu ver, esta é a verdadeira razón. Así o espolio arqueolóxico da Ría de Ribadeo, empezarao o Principado en breve”… fai solo uns días se falaba na prensa de bucear e espoliar o pecio do “San Francisco” ou o do “Galgo de Andalucía”, como si fora derrelicto asturiano. ¡Ay amigo… cuestión de barbarísmos…! ¡e un pimento! ¡cuestión de moitos millos de euros en subencións europeas para seguir co espólio sitemático das terras e historia de Galicia! ¡xa fixeron o mesmo coa Diadema de Ribadeo agora “de los Oscos”…! ¡manda truco! ¡E a Ribadeo, tócalle por rebote… por ser a poboación fronteiriza…! ¡Si seguimos así, logo será fronteira Vilaframil, Dompiñor, A Devesa, etc.”… ¿Qué fai a Xunta de Galicia ó respecto? Qué sepamos, nada. Algúns, estábamos queimados co presidente Touriño, ó que Balbino Pérez (alcalde de Ribadeo) tivo que increpar pola súa mala “vocalización” do topónimo, ante Areces. E de este goberno da Xunta tampouco esperamos nada, posto que xa empezou a súa andadura de manifesta subordinación a intereses estraños a Galiza, poñendo en solfa a lingua, base esencial da nosa cultura galega”.
Pois ben. Todo isto que estaba pasando co topónimo da Ría de Ribadeo, foi denunciado por nós ata a saciedade. Diciamos en 2009, “Mentras houbo ribadenses na administración estatal e local, da talla e categoría de D. Leopoldo Calvo Sotelo (Marqués da Ría de Ribadeo, ¡menudo desplante lles pegou ós tartufos!) de D. Pancho Maseda ou de D. Eduardo Gutierrez, todos eles alcaldes de Ribadeo que menearon Roma con Santiago con cartas constantes de protesta as Institucións Españolas, Asturianas e Gallegas pola inquina manifesta, que se estaba a producir con dito topónimo, da Ría de Ribadeo, especialmente desde 1985 (época da apertura da maldita Ponte dos Santos) ou aproveitando calquera evento (como a creación das autonomías) para tratar de morder outro bocado máis do territorio ou da propia historia do Reino de Galicia (léase o Bierzo tamén). Das autoridades locales actuales, esperamos que continúen pola misma liña que os seus antecesores, sen perder unha coma… sen dar trégua a ignominia… pero segundo se están a desenrolar as cousas… ¡xa veremos si están a altura…! Agora, seguro que no Principado aproveitaran, polo que estamos vendo, a coronación do Principe de Asturias como rei (¡espero que viva D. Juan Carlos outros cincuenta anos al menos e de tempo a espallar as miñas cinzas na Ría de Ribadeo!). Non é broma. Xa vimos fai dous anos o Principe Felipe dicir en Castropol, Ria do Eo, polo que xa están concienciando o futuro rei para tal evento. Ademais, están preparando o terreo no parlamento de Asturias para que haxa “constancia previa de trámite” apoiada pola maioría dos seus partidos políticos, PP, PSOE e IU (léase artigo de Evaristo en La Comarca del Eo 14-agosto-2009)”
Despois dos alcaldes Eduardo e Balbino, non volvemos a ver unha nota de prensa, nin unha carta de protesta desde o Concello de Ribadeo. É máis, cando se lle dixo o alcalde que algo había que facer cos libros para escolares da Ría de Ribadeo e Ría do Eo, dixo que el estaba canso da polémica e que non ía protestar contra o alcalde de Castropol. Sr. D. Fernando Suárez Barcia, sinto moitísimo dicirllo, créame, pero non fixo ningún seguimento de todas estas falcatruadas. Son militante do BNG desde fai moitos anos, un galeguista ata a médula, pero vostede non volverá para a alcaldía de Ribadeo, co meu voto. Non é digno de sentarse na cadeira do Marqués de Sargadelos, un armador notable que mandou facer as cartas da Ría de Rivadeo, para meter aos seus 79 barcos mercantes no Porto de Ribadeo. Non se pode “pasar de todo” como fai e fixo a Deputación de Lugo, ou a Xunta de Galicia, o que da a entender de que os galegos temos o que merecemos. Isto que ocorre co nome da Ría de Ribadeo, é problema de tódolos galegos, pois queirámolo ou non, somos un pobo fronteira do Reino da Galiza e os representantes do Principado, están cambiándolle os “marcos” do territorio década tras década.
Non era difícil de predicir sabendo da “mamandurria” histórica da Administración españolista (que non española), que como diciamos, esperarían a que o Príncipe Felipe de Borbón chegara a reinar, e aínda por derriba, teñen a carambola de que se namora de Dª. Leticia, que sería a primeira raíña consorte asturiana. Non había máis que esperar que houbera un individuo apropiado na alcaldía de Ribadeo e outro Instituto Geográfico Nacional, para que se dobregara todo as pretensións do Principado de Asturias, e mira por onde tócalles un murciano, un conveciño da xuíza que lle dita a famosa sentencia a unha galega da “Galicia Profunda”. Que máis queremos, somos uns cenizos.
—
Informe da Plataforma de defensa da ría de Ribadeo sobre o nome da ría
Ditame de 2008 sobre o nome da ría de Ribadeo
Ditame 2021 sobre o nome da ría de Ribadeo
Nota de prensa Plataforma sobre o ditame de 2021
Nota de prensa e valoración do concello sobre o ditame de 2021
Corte de radio Foz sobre o nome da ría de Ribadeo
Ría de Ribadeo. Unha nota máis sobre o nome.
Algunha entrada anterior:
A ría del Eo no concello de Ribadeo
PLENO DO PARLAMENTO DE ASTURIAS DO 27 DE NOVEMBRO DE 2019. RIA DEL EO VS RIA DE RIBADEO.
A RIA DE RIBADEO vs Ría del Eo nas políticas do Principado de Asturias (II).
A RÍA DEL EO NA POLÍTICA DO PRINCIPADO DE ASTURIAS (I).
A RIA DEL EO NO CONCELLO DE RIBADEO.