Remato de atoparme cun libriño (21 páxinas) de José Manuel Blanco Prado que dá conta de dous santuarios marianos en Ribadeo, o das Virtudes, na Ponte de Arante, e o de Vilaselán. Un pdf descargable e de lectura doada.
Por certo, aparece citado na bibliografía ‘As Festas Populares no Entorno Ribadense‘, que no seu día promovín. Non aparecen polo contrario (e coido que é unha mágoa), nin o material da Galipedia nin os traballos de Emilio Piñeiroa.