Placa conmemorativa da inauguración e árbores na terraza da Casa da ría de Ribadeo |
Ribadeo e o cultivo de plátanos
De todos é sabido: Galicia ten os ceos cubertos de nubes en maior proporción de tempo que outros lugares da península. Iso non
impediu que un dos máis fecundos observatorios astronómicos de
España tivera o seu asento en Lalín de man de Ramón Mª Aller, ou
que o observatorio de Santiago fose o berce de descubrimentos en
estrelas variables ou exoplanetas. Institución esta última que tivo algo que ver en xornadas de astronomía celebradas en Ribadeo hai unsanos, xornadas en contrato co concello e que custaron, se non me
falla a memoria, preto de millón e medio das antigas pesetas. En
Galicia, por contra, non sei de ningunha plantación de plátanos.
Ven a anterior introdución a que a comezos de mes -deixei pasar un
tempo prudencial para non intervir en envites varios- atopo unha nova
con título ‘Facer un observatorio astronómico en Ribadeo é como
querer cultivar plátanos’, frase atribuída ó alcalde de Ribadeo.
E claro, en Ribadeo hai (máis
ben, había) un observatorio astronómico, e non plátanos. Era un
observatorio modesto, cun telescopio da A. C. Xerfa nunha cúpula, a
da Casa da Ría de Ribadeo, na que estaba por convenio co
concello. A
A. C. ten feito diversas actividades alí, de observacións a cursiños
(coido que máis dun dos actuais representantes municipais pasou por
alí), ata que sucederon
dúas cousas: a cúpula comezou a funcionar mal por falta de
mantemento e o concello subscribiu convenios coa universidade para
facer o mesmo que nós facíamos con máis ‘nome’ e moitos máis cartos. Iso si, xa non usaron a cúpula co telescopio porque atraía
máis xente o facer as
observacións en plena
praza de España (coido que con abondo peores condicións de
observación que en Sta.
Cruz).
Non pretendo aquí facer unha historia pormenorizada de todo o asunto
nin entrar en filias e fobias (por exemplo, notarase que evitei poñer
con quen se asinou o convenio para ter o telescopio alí ou cando se
foi descoidando o funcionamento da cúpula), pero coido que, para ter
unha visión algo máis completa, si se necesitan aínda algúns
poucos datos máis.
A A.C. Xerfa foi creada para
dinamizar as actividades extraescolares do daquela
IES Porta da Auga, cousa á
que no seu momento contribuíu, e abriu a Ribadeo actividades como as
observacións astronómicas. O telescopio, bo para afeccionados, pero
modesto para outros mesteres, ó ser construída a casa da ría
(segue sen chamarse ‘casa da ría de Ribadeo’, pois ata o de
agora enténdese ben) pasou de
ser itinerante a ter sede alí,
pero cun gran contratempo: para que encaixase, pedíusenos o sistema
de anclaxe a terra. E aló foi e non volveu. Tempo despois de ser
reclamado, decatámonos de que empregaran o tubo para encastralo na
súa situación actual… co que non se pode usar noutro lugar, en
contra do que se viña facendo, desprazalo
segundo as circunstancias. Algo
a engadir á dificultade de entrar tras ser cambiada a chave unha e
outra vez, filtracións de auga, etc.
Como a óptica dos telescopios
pouco a pouco deteriórase (a máis de que xa non abra a cúpula),
para darlle un repaso e motorizalo, no
seu momento foi pedida
unha subvención á Asoc. Puente de los Santos. Foi
denegada porque pretendíase que tiveramos alí alguén de xeito
permanente para atender o
local (non as observacións). Iso,
cando
ningún dos que manexábamos o tema estabamos a soldo do asociación,
que case non contaba con entradas de cartos, e tendo
pasado por alí pasaran
varias persoas con becas ou contratos da Xunta, a veces a pares, pero
por curtas tempadas, sen ter ‘dinamizado’ nin
o ‘espazo museístico’
asociado nin outra cousa. Foi por aquelas datas cando se concederon
subvencións como a concedida
para a plantación de
froitos silvestres, cuncha contía abondo superior á que era pedida
por nós e que evaporouse
sen chegar a plantarse nunha finca que fora arrendada ós Irmandiños.
En fin, na xa non tan curta
historia dunha
Casa da ría (inaugurada por Fraga o 5 de xuño de 2001), que é algo
máis que a sede do telescopio, pódense anotar moitos máis detalles
e con moito máis detalle. Só pretendo subliñar a
valía en Ribadeo dun instrumento que levou tras si a non poucos
turistas e nativos para un primeiro contacto co ceo nocturno, por
moito que o seu estado actual diste de ser óptimo a pesar da fronda
que se cultiva na terraza adxunta (que xa non é de primeira
xeración, pois foi arrincada por min algunha vez).
Unha anécdota para rematar. Na
inauguración, Fraga tirou escaleiras arriba e podo dicir que cheguei
canda el por estar en forma, pois o resto da comitiva viña uns
chanzos por tras. Nada
máis chegar, preguntoume: e onde puliron as lentes? Contesteille que
non o sabía (é
un telescopio industrial, non feito ex profeso)
por non enmendarlle a plana: é un telescopio tipo Newton, a óptica
principal é un espello, non unha lente.
—