Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Unha finca céntrica para o concello de Ribadeo


   Un anuncio na sede electrónica do concello di iso: comézase a tramitación para que o concello se apropie dunha finca no centro do pobo.

   A finca é a sinalada:

   Dá á r/Recarei na súa beira maior, aínda que o número teno por r/Deputación. Céntrica, adecentada polo concello ó estar abandoada, agora o concello, a raíz da procura dos seus donos para cobrarlle a súa intervención, pasa ós trámites para incorporala ós seus bens.

   O Edicto:

Complementario (de nota do concello de 20210312):

Foto casa Antonio Otero

UN DELES VAISE CONVERTER EN ESPAZO POLIVALENTE


Inmobles de titularidade municipal


12/03/2021

O Concello de Ribadeo adquire catro inmobles a
través da figura da expropiación, debido a impagos de multas
urbanísticas ou execucións subsidiarias que tivo que realizar para
garantir a seguridade e a salubridade públicas. Trátase de propiedades
situadas nas rúas Antonio Otero, Deputación, Vispo Veres e Avenida de
Asturias.

O alcalde ribadense, Fernando Suárez, contou que “son varios os
inmobles que o Concello de Ribadeo está adquirindo a través da figura da
expropiación, debido a impagos de multas urbanísticas ou a accións de
execución subsidiaria que o Concello tivo que realizar para garantir a
seguridade e a salubridade públicas. Son procesos que se alongan no
tempo, pero que ao final se os titulares non se fan cargo, ben porque
non queren ou ben porque son descoñecidos, a administración local
acabamos poñendo estes inmobles ao noso nome”.

O rexedor lembrou
que “temos, xa desde hai anos, unha acción que acabamos de rexistrar
nestes días, que é un inmoble na rúa Antonio Otero 31, no casco vello de
Ribadeo. Este inmoble veuse abaixo e tivemos que actuar
subsidiariamente hai uns anos, os posibles propietarios nunca apareceron
e finalmente cobramos os traballos a través da adquisición do ben.
Entre multas e execucións subsidiarias tiñan unha débeda duns 30.000
euros. Igualmente pasou na rúa Deputación número 1, logo de innumerables
advertencias pola falta de seguridade deste inmoble con respecto á vía
pública e aos viandantes que puideran pasar por alí, efectuamos unha
serie de multas a través de notificacións persoais e de notificacións
nos diferentes boletíns oficiais, incluso tivemos que facer unha
demolición total dese edificio con cargo a fondos municipais. Os cargos
achéganse neste caso aos 40.000 euros e estamos tamén no proceso de
adquisición deste inmoble”.

Suárez Barcia engadiu que “fixemos
igual na rúa Vispo Veres números 2 e 4, e finalmente nun local da
Avenida de Asturias froito do embargo a un promotor inmobiliario, por
sancións urbanísticas confirmadas posteriormente pola xustiza, que non
fixo o pagamento das mesmas, polo tanto adquirimos ese baixo”.

O
alcalde sinalou que “agora todos estes inmobles pasan a titularidade
pública e terán diferentes finalidades. Neste último caso do situado da
Avenida de Asturias querémolo converter nun espazo polivalente centrado,
sobre todo, nas actividades formativas e para o cal xa temos solicitado
unha axuda á Xunta de Galicia. Noutros casos optamos primeiramente pola
taxación do inmoble e a venda pública a través dunha puxa. Si se
venden, os ingresos económicos destas transaccións serán reinvertidos
polo Concello en accións de patrimonio do solo onde temos múltiples
necesidades como todos os concellos, vías públicas, espazos públicos,
mellora nas traídas de auga nas parroquias, etc…”.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *