Os discursos de reis son pezas literarias e sociais de primeiro orde. Pode que a súa edición nun libro quedara moi repetitiva, mais coido que sería convinte para trazar unha historia de Ribadeo. Aquí queda o deste ano, e abaixo, un pequeno vídeo da cola para ver ós reis:
“Moi boas noites, benqueridos amigos e amigas, nenas nenos, maiores
e pequenos: Non sen dificultades chegamos a esta fermosa vila de
Ribadeo.
Estamos a vivir
uns momentos moi difíciles en todo o mundo e sentimos moitísimo non
poder facer este ano unha cabalgata multitudinaria polas rúas da
vila, como desexabamos nós e vós. Pero sabemos que entenderedes as
razón.
Non vos
preocupedes, como sentimos que estamos nos vosos corazóns, como
vemos coa nosa mirada máxica as vosas cheas de luz e ilusión e como
adiviñamos que nos vosos peitos aniñan os mellores sentimentos,
aquí estamos un ano máis con todos vosoutros, aínda que sexa deste
xeito tan singular. Tamén nosoutros sentimos por todos vós un
enorme cariño, e agradecémosvos que sexades tan comprensivos.
Grazas por escoitar as nosas palabras, emocionadas por tantas
atencións.
Este é un ano
moi especial no que tivestes que aprender a comportarvos dunha
maneira distinta, a andar con máscaras, a relacionarvos pouco e con
coidado coas amigas e amigos, a estar moito tempo, encerrados nas
casas… por todo iso, e porque sabemos que fostes bos, seremos
xenerosos, todo o xenerosos que permiten estas circunstancias, pero
seguro que chega de sobra para que sexades felices. Así que estade
tranquilos, o día de Reis, cando espertedes, os nosos agasallos estarán nas vosas
casas. Xogade con eles, compartídeos coa vosa familia, e, con
prudencia, tamén cos amigos, se é
posible.
Porque hoxe, pese
a todo, benqueridos nenos e nenas, é o voso día, a vosa festa;
nesta noite e mañá todo ten que ser alegría e xogo, entusiasmo e
felicidade. Vós sodes o mellor exemplo de que entre todos sairemos
adiante. Nas vosas man está o futuro.
Obedecede aos
vosos pais, sede cariñosos con eles e máis coas avoas e avós e co
resto da familia. Necesitan máis que nunca da vosa presencia, dos
vosos aloumiños. Eles dedican as súas vidas a vosoutros,
agradecédellelo. Ben sabedes que a maior felicidade é facer felices
aos demais.
Tamén queremos
mandarvos unha mensaxe a vós, nais e pais. O primeiro de todo que
xoguedes cos vosos fillos e fillas, que lles deades protección e
cariño. As vosas criaturas son, xunto coas persoas maiores, as máis
vulnerables da sociedade e necesitan de vós máis que nunca. Por
iso, pedímosvos que teñades moito coidado nas vosas relacións.
Sede prudentes nos vosos comportamentos. Non vos expoñades
inxustificadamente. Cumpride as normas aconselladas polas autoridades
e expertos sanitarios, non fagades inútil todo o labor e sacrificio
de tantas persoas que estiveron e están a traballar arreo pola saúde
e benestar dos demais, persoas a quen nunca compensaremos dabondo
pola súa entrega e a quen mandamos desde aquí o noso máis
agarimoso agradecemento, Dade exemplos aos vosos fillos e fillas de
moderación nos vosos comportamentos, e solidariedade, empatía e
compromiso cos máis débiles e necesitados.
Finalmente,
queremos mandar tamén unha mensaxe á clase política: practicade a
convivencia serena fronte á crispación. Aparcade diferencias,
vellos rancores e remade todos na mesma dirección Loitade xuntos
para que esta pandemia fomente un maior acercamento emocional entre
os seres humanos. Procurade non radicalizar aínda máis o nivel de
malestar e inquedanzas en que vivimos, porque o efecto na sociedade
podería ser moi daniño e pernicioso.
E agora, queridos
amiguiños e amiguiñas, ceade axiña, deitádevos en paz na cama,
cerrade con forza os ollos, durmide placidamente toda a noite, que
mañá, ben cediño, teredes os nosos xoguetes nas vosas casas.
Convidámosvos a
todas e todos a traballar, como a ta agora, para que Ribadeo sexa
cada día un lugar máis agradable e acolledor.
Cun poema
–dedicado ás parroquias e
escrito por Baltasar e Gaspar para distraer a longa viaxe desde
Oriente-, acabamos o noso discurso.
Seguindo
a ruta que marcan
as
estreliñas do ceo
deixaremos
agasallos
nas
casas de Ribadeo.
Silenciosos
e nocturnos
cando
remate o serán
visitaremos
as casas
de
todo Vilaselán.
Seguiremos
o camiño,
viaxando
leira por leira,
ata
chegar ás casiñas
da
parroquia de Piñeira.
Cargados
van os cabalos
de
xoguetes máis de mil
para
repartir arreo
por
todo Vilaframil.
Logo
iremos silandeiros,
o
noso deber cumprindo,
moi
pegados á ribeira
ata
as vivendas de Rinlo.
Guiados
por vagalumes
que
brillan como as estrelas,
continuaremos
camiño
á
parroquia de Covelas.
Antes
que se faga día
un
nobre pulo nos move:
visitar
unha por unha
todas
as casas de Ove.
Mentres
a noite pechada
o
seu negro manto estende,
chegaremos
a Santalla,
Santalla
de Vilaousende.
Pero
non vos preocupedes,
non
nos esquecemos dela,
deixaremos
agasallos
na
parroquia de Couxela.
De
aquí marcharemos ledos,
a
tarefa case feita,
para
deixar os presentas
nas
terras de Cedofeita
E
a esperanza que hoxe brilla
coma
se fora un diamante
ha
levarnos finalmente
polas
casiñas de Arante.
Moitos
bicos para todos
e
para todas tamén.
Haxa
paz, felicidade
neste
ano que vén.
Aos
maiores, aos pequenos,
aos
bebés, nenas e nenos,
a
nacionais e estranxeiros,
ribadenses,
forasteiros,
desexamos
o mellor
os
Reis Magos de Oriente
Gaspar,
Baltasar,
Melchor.”