Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

12 anos do equipo Galicia xogando en chess.com


   Hoxe por hoxe xógase ó xadrez abondo máis por internet que de xeito directo. O certo é que non teño unha fonte de datos con números fiables para apoiar o que digo, pero polo que coñezo despois de ter xogado ó xadrez durante medio século, apostaría unha boa cantidade a que así é.

   En Ribadeo aínda segue existindo de xeito formal, pero sen actividade dende hai moitos anos, un club de xadrez fundado nos oitenta, o ‘Alfonso X el Sabio’, que no seu momento artellou varios campionatos ‘Vila de Ribadeo’ e participou na liga provincial, enviando asemade algún equipo ós torneos galegos de xadrez infantil. Veu recoller unha testemuña medio século aínda máis antiga, arredor de Evaristo Lombardero pai, que tiña recollido diversa documentación como testemuña do devir axedrecístico da vila naquel entón. 

   Hoxe en día en Ribadeo leva tempo sen haber torneos nin actividade máis que moi esporádica en torno ó xadrez. Mais cónstame que diversas persoas da vila están a desenvolver unha certa actividade na plataforma online chess.com, algún xogando co equipo Galicia (‘Team Galicia’) en dita plataforma. Un equipo que se codea en diversas ligas con outros de estados con abonda máis poboación e unha tradición que soa no mundo do xadrez.

   Hai pouco cumpríronse 12 anos da fundación do equipo, e un dos compoñentes máis activos fixo un resume da súa historia. Aí vai, como complemento da historia por facer do xadrez en Ribadeo:

12 anos de historia do Team Galicia

galicky


galicky

|

11


O Team Galicia de Chess.com naceu un 17 de Decembro de 2008, por iniciativa de @jjxerez,
un andaluz afincado en Galicia como el mesmo di. Cando estabamos a
piques de chegar aos 1.000 membros e comezabamos a pensar en escribir
unha entrada coa historia do Team Galicia que nunca até hoxe se chegou a
facer, pedímoslle unhas palabras sobre os primeiros pasos do Team
Galicia, que a moitos se nos escapan e deixounos estas palabras:


Hola a todos,

Mi nombre es Juan José y mi nombre de usuario es jjxerez. En el año
1992, por motivos laborales y familiares, me trasladé a vivir a Ourense
desde mi ciudad natal (Jerez de la Frontera – Cádiz). Años más tarde, mi
hijo empezó a jugar al ajedrez y yo recuperé, con él, una afición que
había tenido en mi primera juventud. En el año 2007 descubrí la página
web de chess.com y empecé a jugar en ella y a recomendarla a mis amigos y
conocidos. El 17 de diciembre de 2008 decidí crear el equipo de Galicia
para competir con el resto de equipos de Comunidades de España, que
comprobé que se habían formado en Chess.com. Al principio, invitaba a
mis amigos y a los jugadores con los que iba jugando en la página para
que se anotaran al equipo, y así, nos anotamos a participar en una Liga
Autonómica y comenzamos, también, a retar a equipos de otros países.
También se iniciaron los primeros Torneos internos. Sé que tuvimos
problemas para que nos admitieran en las primeras competiciones de las
Liga Mundiales y Europeas, y ya no recuerdo si la gestión la llegué a
finalizar yo o lo consiguió el grupo de Administradores a los que les
pedí que me sustituyeran y que se hicieron cargo del equipo: “Jaedrez”,
“Puremind”, “Galicky”, “Tropeiev”, “Damafe”,…. ellos y los que
posteriormente “han tirado del carro”, han conseguido que hoy seamos un
equipo con 1.000 jugadores y que estemos en puestos privilegiados en Las
Grandes Ligas de chess.com. Gracias a todos por participar en este
proyecto y enhorabuena por vuestro trabajo.


2008-2013, a orixe


Mergullándonos nas notas e nos foros, atopamos referencias aos
primeiros torneos internos que de algunha maneira evolucionarón no
Torneo anual do Team Galicia e que recollemos neste fío do foro a
información de todos eles:


Histórico Torneos Team Galicia


Tamén atopamos unha noticia de @jjxerez
na que se ve o primeiro intento por xogar a Liga Mundial xa en 2009,
cando o Team Galicia apenas tiña un mes dende a súa creación.


Foi finalmente na tempada 2013 cando Team Galicia debutou nas ligas Mundial e Europea, e atopamos a noticia de @jaedrez
na que se fai o anuncio e na que xa se anticipa algún futuro problema
polas bandeiras en relación coa participación nestas ligas
internacionais:


¡Galicia estará en las grandes ligas!


O labor organizativo de @jaedrez
no pouco tempo que estivo na administración de Team Galicia tamén
merece unha mención, e o seu traballo e as súas ideas inspiraron aos que
nos encargamos da organización do Team Galicia nos anos seguintes.


Nesa primeira etapa tamén colaboraron na administración do Team Galicia: @MarcosSigras, @NachoMacias (MrNaranja), @damafe ou @jazard, e outros aos que Chess.com lles pechou a conta e dos que se perdeu toda a súa participación nos foros, notas… como @Betty88 ou @Suibne.


Desa orixe dun club de amigos onde todo o mundo é benvido, e do
interese en participar nas ligas internacionais, que se vén facendo
ininterrompidamente dende 2013, quedou un Team Galicia que intentou
captar a todos os membros de Chess.com que tiñan bandeira galega ou
algunha información que o fixera sospeitoso de ter algunha relación con
Galicia, pero que medrou moi pouquiño a pouco malia a ter a porta sempre
aberta e a recibir cos brazos abertos a todos os membros que se
quixeron unir.


2013-2020, unha etapa slow


En 2013 mudou o equipo de administración. Entramos como admins @puremind, @tropeiev e máis eu, @galicky, que coa axuda de @damafe nos primeiros anos co Xadrez por Votación, guiamos o Team Galicia até 2020.


Foi unha etapa slow, na que as ligas Mundial e Europea de xadrez diario, nas que debutamos ese ano 2013 centraron a atención do Team Galicia.


Debutabamos na World League
na División H, mais por mor dun axuste ao abandonar a competición o
Team Malaysia, ocupamos o seu lugar na División E e conseguimos o
ascenso á División D. Nunca máis baixamos e mesmo chegamos a gañar algún
ano o dereito ao ascenso á División C que non aceptamos pola
dificultade para garantir un mínimo 50 xogadores por encontro en toda a
competición. O crecemento do Team Galicia nesta etapa foi lento e non
parecía asumible participar coa esixencia de 50 taboleiros. Se cadra
2021 será a tempada do noso debut na División C tras gañar a competición
na División D en 2020 con pleno de vitorias.


Na primeira entrada do foro sobre a última tempada da WL recóllese un histórico da actuación do Team Galicia nesta competición.


Tamén con formidables resultados participamos dende 2013 na Liga Europea e dende 2014 na Liga Mundial de Xadrez 960 chegando a participar na tempada 2020 na segunda división mundial.


@puremind
puxo en marcha xa ese ano a súa páxina para o seguimento dos resultados
e as estatísticas do Team Galicia nas ligas internacionais, unha páxina
que evolucionou até converterse na páxina oficial de seguimento destas competicións.


En 2017, Chess.com puxo en marcha a opción de xogar encontros en vivo
por equipos e axiña naceron as competicións internacionais por equipos
nesta modalidade na que quixemos estar dende o comezo, coñecedores das
dificultades que houbo para participar por primeira vez na World League e
a European League de xadrez diario.


Así naceu a Liga Mundial de Xadrez en Vivo (LCWL) coa primeira tempada en 2017.
As participacións nesta modalidade aínda eran cativas en todos os
equipos. Mais outros equipos incrementaron máis rapidamente a súa
participación e nós acabamos renunciando a participar na tempada 3 en
2018, retomando finalmente a competición na tempada 5 no ano 2020.


Un 2020 no que nace tamén a versión europea da liga de xadrez en vivo, a LCEL.


2020, unha revolución e a busca dunha nova normalidade


2020 foi un punto de inflexión, o Team Galicia non só chegou por fin
aos 500 membros, senon tamén aos 1.000, e case aos 2.000, bateuse a
marca de participación do Team Galicia nun encontro diario co encontro
que gañamos a Bosnia na EL por 92-90,
nas ligas en vivo conseguironse rexistros formidables, mais tanto
crecemento viu tamén acompañado dalgúns problemas que supuxeron algunha
sanción ao Team Galicia en ligas internacionais pola incorporación de
moitos membros sen ningún vínculo con Galicia.


Tamén trouxo problemas ao equipo de administración que se renovou ao completo neste ano 2020 tras 7 anos sen cambios.


Algúns concentraron a súa aportación nuns poucos meses, @Xosegalego, @llouci… outros viñeron para quedar @Avertigo, @Carro-Can, que xunto co reincorporado @damafe e @oscarillo e @Bloom71, conxugan ben o coñecemento do Team Galicia coa ilusión e a enerxía para aportar novas ideas que guíen o futuro do equipo.


Dunha destas novas ideas xurdiu o novo logo do Team Galicia, creación de @misteroom, que ilustra esta entrada e mostra unha imaxe renovada ideal para o inicio da nova etapa.


Unha nova etapa dun Team Galicia que, coma sempre, seguirá a ser un
punto de encontro en Chess.com de todo o xadrez galego e recibindo cos
brazos abertos a todos os galegos da diáspora e a todos aqueles que
teñan unha relación especial con Galicia.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *