![]() |
Hospital asilo de San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo |
Covid 19 no Hospital-Asilo de Ribadeo (1)
A primeira noticia en medios oficiais sobre o brote de covid-19 no Hospital Asilo de Ribadeo coñeceuse o día 23 de decembro de 2020. Nesa data a paxina web do concello
decía o seguinte:
“Tres
residentes do Hospital Asilo de San Sebastián e San Lázaro, de Ribadeo,
deron positivo por covid-19, segundo informou
esta mañá o alcalde, Fernando Suárez. A detección produciuse dentro dos
cribados periódicos que o Sergas realiza nas distintas residencias e
centros de maiores…”
Nos
días seguintes saíron novas notas na mesma páxina web onde se daba
conta da progresión do brote que xa chegou a 24 ou 25 persoas incluíndo
usuarios e varios empregados do centro devandito.
Como podemos observar nas notas da páxina web do concello
“… a detección produciuse dentro dos cribados
periódicos que o Sergas realiza…”. O cal quer dicer que según estas
notas oficiais non se detectou nengún caso anterior que puidese ter
relación con este brote xa que os casos do Asilo foron
detectados a traveso dos “cribados periódicos”.
No
intre de escribir esta nota (4 de xaneiro) xa está corrida por todo
Ribadeo outra versión dos feitos segundo a cal unha persoa que cumpria
unha laboura de tipo espiritual no
Hospital Asilo resultou positiva arredor do dia 21 ou 22 de decembro.
De ahí despréndese que as probabilidades de que este primeiro caso
tivese algunha relación cos seguintes son bastante evidentes.
Debemos
suliñar que non pretendemos personalizar nen moito menos culpabilizar a
nengún dos actores de este proceso, senón crarexar os posibeis pontos
oscuros para poñerlles solución e
que non se repitan no sucesivo. Asemade estes días tivemos contactos
teléfonicos ou personais co Servizo de M. Preventiva do Hospital da
Costa, ca Delegación Provincial da Consellería de Saúde en Lugo, con
persoal sanitario que exerce no Centro de Saúde de
Ribadeo e con persoas moi próximas a todo este proceso por motivos
familiares, profesionais, de vecindade etc.
Despois
de esta introducción podemos afirmar que hai abondas evidencias e
coincidencias para supoñer que os feitos aconteceron dun xeito bastante
diferente a como os conta a páxina web
do concello de Ribadeo, porque houbo un caso anterior de outa
movilidade e risco e non autorizado para entrar no hospital segundo a
normativa vixente. E da aquí xurden unha serie de preguntas:
¿Descoñece
o concello a versión extraoficial e que non ten nada que ver ca
rumoroloxía ? ¿Non ten nengunha pista, mesmo entre o persoal do
Hospital-Asilo e a congregación de Marta e María?
¿Non se fixo o rastrexo dos contactos do caso inicial supostamente
descoñecido?
Calquera pode seguir ca cadea de inquéritos ate agora inexplicados pola versión oficial pero imos ver outra serie de dúbidas:
O
”Protocolo conxunto da Consellería de Sanidade e da Consellería de Política Social para o manexo da crise do COVID-19 nas Residencias de Maiores” (17,11,2020) establece as normas de
tipo preventivo e para o control da infección mesmo entre usuarios,
persoal, familiares, profisionais sanitarios, perruquería etc. Enténdese
que aquelas actividades que non están autorizadas deben considerarse
desautorizadas, como poderían ser as clases de
piano ou os xogos florais, tendo en conta o outo risco de infección e a
especial vulnerabilidade dos usuarios deste tipo de centros. Dito
doutro xeito, está perfectamente regulado quen pode entrar e quen non
nas residencias da terceira edade. E aquí ven outra
serie de inquéritos:
¿Sabía
o concello de Ribadeo que persoas que non están incluidas no listaxe de
autorizadas entraban e saían no Hospital-Asilo? ¿Sabía con qué
periodicidade se daban estas visitas e cales
eran as actividades e que riscos de infección poderían traguer? ¿Non é
moita causalidade que o primeiro caso de infección neste brote esteña
borrado da páxina web do concello cando é do dominio publico?
Non
nos nos imos extender, cada un debe pensar pola sua conta. A nosa idea é
que esta experiencia debera servir para avanzar na participación da
veciñanza nas medidas de control de riscos
diante da pandemia do Covid-19 e nos servizos sociais de Ribadeo. Sería custión de crear unha asociación de usuarios, familiares e
persoas voluntarias que defenda uns servizos
públicos e participados democráticamente, como xa existen en outras
zonas de Galicia. A participación implica requerir información, analizar
as diferentes actividades dos responsables políticos
e de xestión, propoñer solucións e alternativas aos distintos problemas e a fin de contas non tragar con rodas de muíño.
En Ribadeo existen duas
residencias da terceira edade: o antigo Hospital-Asilo de San Sebastián e
San Lázaro, de titularidade municipal, xestionado pola Congregación
relixiosa de Marta e María, que conta con 47
prazas das cales están ocupadas actualmente unhas 38. Asemade existe
outro centro residencial da terceira edade inaugurado en xunio de 2019 e
xestionado polo Concello e a Deputación de Lugo anque unha
gran parte das actividades foron
contratadas a CLECE, empresa de Florentino Pérez que o 31 de decembro
de 2020 cedeu ou subcontratou a unha empresa asturiana, se ben de esta
operación non hai información oficial ata o día de hoxe. Neste escrito
referímonos á primeira, o Hospital Asilo de
San Sebastían e San Lázaro. Da segunda non hai noticias de infectados a
dia de hoxe.
Evaristo Lombardero Rico, 4 de Xaneiro de 2021