Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Nota de prensa con ledicia: vacina


   Hoxe mesmo, esta mañá, teño publicado o artigo “As notas de prensa do concello: 2020 e anteriores“. Con ledicia entérome dunha nova nota de prensa hoxe, que en nada varía ó publicado no artigo pero que cáusame ledicia ó tempo que vai na liña da esperanza: hoxe foi comezada a vacinación en Ribadeo, no centro de persoas maiores José Mª Rodríguez Díaz.

   Deixo a nota do concello coa noticia a continuación:

Foto vacina

BARCIA AGARDA QUE 2021 SEXA MELLOR QUE O ANO QUE REMATA


Vacina na residencia


31/12/2020

A vacina foi subministrada hoxe no centro de
atención a persoas maiores de Ribadeo, xa que cumpría os criterios
sanitarios de aplicación. O alcalde, Fernando Suárez, agradece o
traballo do persoal das dúas residencias, así como o dos profesionais da
sanidade e dos servizos sociais.

O rexedor dixo: “pois con moito sentimento agridoce despedimos este
ano, que como din os vellos, vaia o demo con el!. No Hospital-Asilo
entrou o bicho hai uns días e aínda con todo o esforzo que todas as
partes están facendo, todos temos o corazón encollido agardando que todo
remate o mellor posible”.

Suárez Barcia sinalou que “por outra
banda, hoxe na outra residencia que temos, estivéronse poñendo as
vacinas, xa que se cumprían os criterios sanitarios de aplicación”.

O
alcalde engadiu: “remato estas verbas, lembrándome de todos e cada un
dos usuarios e usuarias de ambas as dúas residencias, das súas
direccións, do seu persoal, así como de todos os profesionais da
sanidade e dos servizos sociais (do Concello, da Deputación, da Xunta e
do Estado) polo voso labor. Graciñas de corazón polo voso traballo.
Moito ánimo para todas e todos neste momento tan incerto. Sen dúbida que
o ano que vén ten que ser mellor”.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *