No día no que os xulgados botaron atrás o ERE de Alcoa, algo que bota unha debil luz sobre os traballadores, chégame por outra beira a proposta que difundo. É anterior á consulta do Proxecto de Impulso Demográfico de Galicia -unha acción que poidera chegar a ser moi importante para todos nós- e foi difundida polo blog de Gamela, de onde reproduzo o seguinte:
Proxecto de Recuperación Galicia 2020 – 2030
1. Reconstruir tódalas aldeas e lugares con criterios de sostibilidade medioambiental (arquitectura e paisaxe)
2. Repoboar as vivendas baleiras no rural e nas pequenas vilas con inmigrantes por un período de DEZ anos.
3. Dixitalizar tódolos servizos básicos dos Concellos:
– lixo (reciclaxe, compostaxe)
– auga (consumo e depuración)
– luz e gas (fotovoltaica, eólica, hidráulica, mareomotriz, aproveitamento de xurros)
– democracia (Plenos via streaming con posibilidade de participación por chat)
4. Ampliar a fibra óptica a tódolos Concellos de Galicia (concurso competitivo entre empresas solventes)
5. Seguir subvencionando o transporte interurbano e mellorar frecuencias e servizos (app en tempo real das liñas de bus)
6. Facilitar a apertura de negocios en vilas e aldeas (restauración, panadería e pastelería) con reducción de taxas.
7. Escolas de intercambio cultural de experiencias entre Concellos, aldeas e lugares
– Obtención do título homologado de Animador Socio Cultural para a Reconstrucción e a Resiliencia.
– Favorecer a aprendizaxe de idiomas a nivel básico (comunicación) con viaxes aos países de orixe dos inmigrantes.
8. Ante estas vantaxes competitivas Galicia será un destino preferente para vivir e incrementar a natalidade.
9.
Ao cabo dos DEZ anos: avaliación externa e pública do Proxecto Galicia
(auditoria contable, productividade dos responsables, problemas xerados
pola iniciativa, propostas de mellora, eliminación e ampliación de
accións)
10. O prazo de execución de calquera acción concreta non pode exceder os DOUS ANOS dende o inicio do Proxecto.
Unha VIDA DIGNA como base dun futuro sustentable para Galicia no Mundo !
A
calquera que analice de vagar o Proxecto non terá dúbidas das sinerxias
positivas de cara á internacionalización da nosa economía e recursos
naturais, así como o enriquecemento da bagaxe cultural do noso pobo de
cara ao século XXI.
Abrindo as portas de Galicia á VIDA, todos gañamos VIDA !
—
Adxunto asemade un comentario do mesmo post, respostas ó meu ‘Paréceme un documento introdutorio moi bó. Só o poñelo en marcha como
fonte de discusión dá ideas e move os marcos cara a mellor.’:
Logo de ver o Mecanismo para Recuperación e Resiliencia (MRR)
entendo que este borrador cabe nos estándares europeos, o malo será que
algún político en activo o tome en consideración… Saúde