Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.497 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Tempos provisionais, solucións provisionais


   Onte sorprendinme ó saír coa instalación dunha carpa fronte ó centro de saúde de Ribadeo. Logo vin a nota de prensa do concello, (a que deixo abaixo), e felicitei (daquela de xeito mental, agora por escrito) ó concello por unha idea que coido que entra de cheo na provisionalidade do momento actual. Que non é o mellor? Por suposto, non é nin unha sá de espera, pero é algo para agora e que ven a paliar unha necesidade xa, a das persoas que tiñan que esperar baixo o clima invernal diante do centro de saúde.

É COSTEADA POLO CONCELLO DE RIBADEO


Instalada a carpa


11/12/2020

O Concello de Ribadeo deixará hoxe instalada
definitivamente a carpa diante do centro de saúde. Alí poderán
resgardarse do frío e da choiva as persoas que acudan a facer analíticas
a primeira hora da mañá e aquelas outras que teñan que realizar os test
de antíxenos.

O alcalde, Fernando Suárez, declarou que “ao longo desta tarde vai
quedar definitivamente instalada esta carpa que o Concello de Ribadeo
montou diante das inmediacións do centro de saúde, na rúa Reinante,
despois de que a Xunta finalmente dixo que non ía pagala, pero que
tampouco se opoñía a que o Concello a instalase”.

O rexedor
subliñou que “nosoutros quixemos facer isto para mellorar esta situación
e facer algo máis humana a espera da xente que ten que, en horarios
matinais, a primeira hora os luns, os mércores e os venres, facer
extraccións de sangue para analíticas, etc…, e que está nunha situación á
intemperie, que non é agradable para ninguén, e tampouco polo tanto
para a xente maior. Tamén vai quedar instalada para outras probas que se
teñen que facer a partir de agora no centro de saúde, como son os
controis dos test de antíxenos, polos que os facultativos e o persoal
médico estaban especialmente preocupados porque isto vai ser para a
xente que poida ter síntomas evidentes de coronavirus e que é necesario
que non entren no centro de saúde para facer unha proba deste tipo”.

Suárez
Barcia engadiu que “a carpa se está instalando por unha empresa
profesional, dedicada a este ámbito e en estrita coordinación co persoal
do centro de saúde que son os coñecedores das necesidades que hai que
adoptar e de que maneira hai que instalala para garantir os aspectos de
circulación do aire e que en ningún caso se produza ningún contaxio
porque a xente estea nese entorno do centro de saúde. Agora, polo tanto,
queda montada deste xeito, pero quedamos desde logo abertos a calquera
mellora que nos vindeiros días nos poidan requirir desde o persoal do
centro de saúde de Ribadeo”.

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *